O SGEP denuncia que a Xunta actúa "á marxe da comunidade educativa" en temas de acoso escolar
Lembra que a Lei de Convivencia e Participación de 2011 foi fortemente rexeitada pola comunidade educativa e polo Consello Escolar de Galicia e cualifica o anuncio dun "protocolo contra acoso escolar e ciberacoso" de "mero exercicio de propaganda"
CCOO, CIG e UGT rexeitan o proxecto de Porto Cabral
As unións comarcais dos tres sindicatos consideran que Vigo xa está "saturada deste tipo de oferta comercial" e destacan que este tipo de megacentros só crean "emprego precario" e prexudican "o desenvolvemento do pequeno e mediano comercio"
A Universidade da Coruña, terceira en España en difusión de software libre
O Índice de Difusión do Software Libre (IDSL) mide o compromiso das institucións académicas neste eido e sitúa as universidades de Santiago e Vigo en boas posicións igualmente.
A mina responde ás críticas augurando emprego en Corcoesto e presionando co seu 'lobby' na UE
Un informe encargado por Edgewater prevé máis de 1.600 empregos na construción do proxecto, que será defendido polos gobernos de Cabana e Coristanco en Bruxelas, asesorados pola poderosa patronal mineira europea.
"Madrid centraliza o poder, péchao e concéntrao nas mans duns poucos"
O vigués Óscar Pazos publicou recentemente Madrid es una isla, unha análise do proceso de centralización do poder (económico, político, universitario...) na capital do Estado e nunhas poucas mans. Unha concentración que, denuncia, bloquea a economía e a propia democracia. Preséntao o vindeiro martes en Compostela nun acto organizado por CxG.
Os Parga Pondal piden a creación dun corpo de investigadores único en Galicia
Os membros desta asociación fixéronlles chegar aos grupos parlamentarios as súas recomendación para redacción da nova Lei de Investigación e Universidades de Galicia, co obxectivo de evitar a marcha de talentos e de darlles estabilidade laboral.
O BNG contrapón unha reforma electoral "democrática" ao recorte de escanos do PP
O Bloque rexistra unha proposta de modificación da lei de eleccións que mantén os 75 escanos e fixa por lei a celebración de debates electorais
25 de maio: 'Toalhas' contra tropas imperiais
Este sábado Compostela acollerá dous eventos ben distintos pero que de seguro sorprenderán a quen non estea avisado: por unha banda, o Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata e Dia Internacional da Toalha. E pola outra o segundo Imperial Stormtroopers, que coincidirá co 30 aniversario da estrea de O Retorno do Jedi.
O BNG alerta da "primavera negra" da industria galega e pídelle á Xunta que actúe xa
Carme Adán denuncia a continua destrución de empresas e postos de traballo en Galicia e reclama solucións á crise de Pescanova ou sectores claves como o eólico.
O PSdeG asume a alcaldía do Valadouro “tras 25 anos de retroceso do PP”
Cualifica a moción de censura presentada conxuntamente con BNG e Udival como “un acordo feito desde a responsabilidade e o compromiso cos veciños e veciñas, que merecen outra forma de goberno coa que estamos moi ilusionados”
Cabral elixe este domingo entre megacentro comercial ou monte comunal
Os membros da comunidade de montes decidirán en asemblea se lles venden os terreos a Eurofund Investments para a construción dun centro comercial nun dos bosques que arrodea a cidade de Vigo.
AGE adhírese ao Pacto Galego contra a Pobreza e denuncia "a actitude hipócrita do PP"
A formación critica que os populares, que asinaron este texto, "manteñen políticas de recortes encamiñadas a desmantelar a cooperación para o desenvolvemento en Galicia e noutras comunidades"