O paro baixa en Galicia en máis de 3.500 persoas en agosto
É a terceira autonomía cun maior descenso. O número de desempregados queda en 257.524, 257 máis que hai un ano, e a temporalidade aumenta.
Obrigados a comunicar previamente todo acto cultural?
Un cento de artistas, intérpretes, programadores, xestores e axentes culturais remítenlle un escrito á Xunta criticando o anteproxecto da Lei de Espectáculos públicos e Actividades recreativas, que prevé a obriga de comunicación previa á autoridade administrativa competente de actividades artísticas e culturais.
"Os lumes son unha parte máis do problema do abandono do rural en Galicia"
Continúan as críticas á politica forestal da Xunta. Antón Sánchez (Anova) denuncia que "para loitar contra o lume cómpre recuperar a superficie agraria útil que había nos 80" e cualifica de "vergoñentas" as declaracións triunfalistas de Feijoo; CC.OO. demanda un servizo de extinción unificado e público; e Equo reclama unha xestión integral do monte.
Ningunha das familias afectadas polo Parque Ofimático da Coruña será desaloxada
Vén de caducar a última das tres ordes de desafiuzamento que pesaban sobre elas. Stop Desahucios A Coruña salienta que a clave estivo na mobilización e a loita que mantiveron nos últimos meses.
Arranca o Festival de Curtametraxes de Bueu
O FICBUEU2013, con 25 fitas a concurso, prolongarase ata o sábado, día en que se celebrará a entrega de premios. Haberá dous pases diarios no Centro Social do Mar de Bueu, ás 20 e ás 22.15 horas.
Carlos Abeijón e Francisco López Riopedre, gañadores do Seara.mov
Este sábado entregáronse os premios aos vencedores deste certame internacional de curtametraxes e videoclips de baixo custe, que se veu celebrando en Vigo, detrás do Marco, dende o pasado xoves.
Besteiro promete "un encontro anual aberto a toda a militancia" e Vázquez un PSdeG "con menos ataduras"
Os dous candidatos a liderar os socialistas galegos continúan en campaña, incidindo nun partido máis "participativo" e aberto e "mais galego". Este domingo Jose Ramón Gómez Besteiro e Manel Vázquez manterán un encontro coas Xuventudes Socialistas.
Dous meses de peche en T-Solar: a empresa non dialoga, a Xunta non se move
Uns 40 traballadores manteñen o seu encerro na fábrica, iniciado o 2 de xullo, para evitar o seu desmantelamento e salvar 170 empregos. Reclámanlle ao Goberno galego que interveña no conflito, despois de que a Xunta investise 65 millóns de euros na empresa.
Rajoy abre o curso político dando por feita a saída da crise e 'protexido' dos preferentistas
No tradicional acto político en Soutomaior o presidente do Goberno afirma que o camiño da recuperación económica "comezou" e promete baixar os impostos. Un forte despregue policial impediu que as protestas dos afectados polas preferentes se achegasen ao escenario do acto, e 30 persoas foron retidas a dous quilómetros do lugar.
A Mineira de Corcoesto, denunciada por recibir supostas subvencións ilegais
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños advirte de que a empresa recibiu 350 mil euros para facer estudos nunha zona determinada, e que finalmente serviron para realizar prospeccións noutra área. Esixen o reintegro destes cartos públicos.
As probas que EEUU di ter sobre o ataque con armas químicas
Como adoita ocorrer con estes resumos desclasificados para a súa difusión, carece de probas materiais, por exemplo imaxes ou gravacións, e obrigan o lector a crelo sen posibilidade de verificar esas probas ou indicios. Este sábado, os últimos inspectores da ONU abandonan Siria e Ban Ki-moon informou ao Consello de Seguridade de que o seu informe non estará listo antes de 10 ou 14 días.
O Parlamento arxentino asina unha declaración de apoio á querela contra os crimes do franquismo
Os deputados arxentinos din que tomaron esta iniciativa "ante a absoluta denegación de xustiza existente en España"