Un manifesto pide á Xunta que paralice as campañas con erros lingüísticos
A última acción publicitaria, Cómete o mar, leva a CTNL a reclamar "un maior compromiso co uso e prestixio da lingua galega e coa calidade lingüística" por parte da Administración autonómica, á que acusa de "desleixo" co idioma.
Música "a ceo aberto" contra a mina de Corcoesto
Zënzar, Sés, Quempallou ou N.O.M. ofrecen de balde este venres en Carballo un recital "contestatario" contra a polítima mineira da Xunta e os proxectos que ameazan Bergantiños e todo o país.
O comité de Navantia aprema a Xunta entre barricadas para que Pemex contrate xa o flotel
Os traballadores aseguran que Feijóo ten só ata o 30 de xuño para tomar unha decisión sobre o buque da petroleira Pemex. Uns 3.000 operarios saen á rúa para volver exixir carga de traballo.
Pontevedra pode quedar sen cines
As oito salas de Cinebox no centro comercial Vialia son as únicas existentes no Concello e pecharán nuns día. Cinesa negocia a compra para manter a súa actividade. Doutro xeito, os máis de 80 mil habitantes da cidade terían que desprazarse a Vigo, Vilagarcía ou a Marín.
A Xunta achega uns 4 millóns á inxección de liquidez a Pescanova
Feijóo confirma un 7% dos 55 millóns de liquidez que solicitou a administración concursal.
Música en Branco financiará microproxectos culturais ligados á memoria sonora da Agra do Orzán
O prazo para presentar propostas esténdese até o 30 de xuño e as escollidos contarán cun financiamento de entre 2.000 e 3.000 euros.
Ponte nas Ondas, (case) vinte anos rachando as fronteiras
Este venres terá lugar a XIX edición desta experiencia educativa de comunicación e contacto entre centros de ensino de Galicia e do norte de Portugal que nos últimos anos incorporou numerosas producións americanas e diversificou as súas actividades.
A UE, vixiante ante a mina de Corcoesto
Aclará á plataforma Salvemos Cabana que analizará con detalle o proxecto para garantir "o pleno cumprimento da lexislación europea". O PPdeG apoia a megaminería en Bergantiños, que considera "beneficiosa" e "co apoio da maioría".
A UE aumenta a incertidume sobre o naval ao augurar a devolución das axudas do 'tax lease'
A Comisión Europea confírmalle á CIG que haberá que devolver parte das bonificacións e que será o Estado quen decida "quen asume" o retorno das cantidades.
O Parlamento insta a que as fábricas textiles respecten os dereitos humanos
A cámara aprobou por unanimidade de todos os grupos unha declaración institucional proposta por AGE que lles esixe "ás empresas galegas e estatais que subcontratan pedidos ás factorías téxtiles en Bangladesh e outros países que apliquen prácticas de produción con responsabilidade social"
O PPdeG xustifica a reforma do lei do aborto porque "algo se está a facer mal"
A oposición critica a "violencia institucional" do PP coas mulleres e cúlpao de crear un problema "onde non o hai". "Nos nosos úteros e nas nosas vaxinas mandamos nós; obrigarnos a parir tamén é violencia institucional", insistiu Eva Solla, deputada de AGE.
Almunia promete axiña unha resolución sobre o 'tax lease' pero volve acusar o Estado da tardanza
O comisario da Competencia recoñece "reticencias" por parte das autoridades españolas á hora de facilitar a información requirida para unha decisión clave para o sector naval galego, que podería chegar antes do verán.