Que mal fai unha bandeira?
Interior xustifica a prohibición de entrar en recintos deportivos con estreleiras en que “a súa exposición pode provocar unha reacción adversa e violenta por parte doutros sectores do público”. En paralelo, o portavoz adxunto do PP no Congreso, afirma que a enseña republicana "no respecta a legalidade"
Aumentan as voces galegas en contra do ataque a Siria
BNG, Anova, EU, CxG, NEG, Ecosocialistas ou a CIG xa fixeron público o seu frontal rexeitamento ás accións militares apuntadas por Estados Unidos, que se poderían adiar ante as dúbidas dunha boa parte dos deputados conservadores británicos.
EU denuncia a proliferación de centros de orientación familiar "clericais"
César Santiso salienta que "mentres a Xunta pecha o COF do Ventorrillo", está a incrementarse a actividade dos autodenominados COF Diocesanos. Tres deputados de AGE piden que o Goberno galego "potencie os COF dos SERGAS, e non dea axudas aos COF dependentes da igrexa"
Que vai pasar coa colección de arte de Novagalicia Banco?
O patrimonio artístico das antigas caixas, dividido entre a obra social de NCG e o propio banco, suma case sete mil elementos valorados en 116 millóns de euros. Unha petición online demanda a súa declaración como B.I.C. e o seu traslado á Cidade da Cultura.
CxG esixe que o FROB garanta “a sede e o emprego” de NCG Banco en Galicia
Compromiso e BNG consideran "absolutamente discriminatorio" o trato dado a NCG Banco por parte do goberno central en comparación co recibido por Bankia.
Besteiro reivindica a igualdade de oportunidades no rural e na cidade
Na primeira xornada da campaña das primarias do PSdeG, o presidente da Deputación de Lugo denunciou que “desde que goberna a dereita de Feijóo, o agro galego perdeu máis de 10.000 empregos"
Ribeira e Oia: os escenarios do lume
Ambos os dous están "estabilizados", pero continúan activos. O de Barbanza obrigou a cortar a autovía e a desaloxar o polígono do Xarás. No Baixo Miño as lapas queimaron case dúas mil hectáreas, provocando un gran dano ecolóxico e patrimonial. PSdeG e BNG culpan da situación ao desmantelamento das políticas de prevención.
Os candidatos a liderar o PSdeG abren a campaña das primarias
José Ramón Gómez Besteiro iniciará a campaña esta mesma medianoite, visitando militantes que traballan con quenda de noite. Mentres, Manel Vázquez realizará o seu primeiro acto este mércores ás 20.30 na sede do partido.
Difunden documentos en nome de Anonymous para denunciar a relación do PP co narcotráfico
O colectivo levaba días ameazando con publicar documentos que -aseguran- demostrarían a existencia de "tráfico de influencias" dos conservadores con xuíces, policías e responsables de alfándegas. Pódense descargar dende este luns: a maioría son informacións xa coñecidas, referidas a operacións contra o narcotráfico na pasada década.
Seguen os lumes, aumentan as críticas
Un incendio iniciado en Oia este luns leva queimadas xa máis de 1.500 hectáreas, chegando a Tomiño e O Rosal e obrigando a desaloxar 176 persoas das súas casas. Partidos, sindicatos e colectivos profesionais denuncian a política forestal e agraria da Xunta.
Defensa da Sanidade calcula que os pensionistas perderon un 5% de renda polo copagamento
A AGDSP lembra que as persoas pensionistas de Galicia son as máis prexudicadas do Estado polos recortes en prestacións farmacéuticas ao percibiren os subsidios máis baixos
Astérix volverá falar galego da man de Xerais
A editora viguesa inclúe no seu plan editorial de outono a publicación do novo álbum dos irreductibles galos en lingua galega, que verá a luz ao mesmo tempo que no resto do mundo