Alonso Montero censura os recortes e pídelle a Feijóo que "apoie a cultura"
A RAG celebra o seu plenario extraordinario co gallo do Día das Letras reivindicando o legado de "insobornable compromiso" de Vidal Bolaño co galego e co seu presidente censurando o mercado do que "todos somos vítimas".
O Valedor encarga á USC que comprobe a posible contaminación da mina de Corcoesto
O alto comisionado encarga unha peritaxe a investigadores da USC logo de que a Xunta negase a incidencia no Anllóns da que alertaba o CSIC e tras tramitar 16 queixas sobre a explotación mineira.
Nunca máis escuridade
Praza PúblicaA defensa do galego volve encher as rúas de Compostela
Milleiros de persoas ateigan a capital galega reivindicando a lingua propia e censurando a política lingüística da Xunta. Galería de imaxes e vídeos no interior.
"Os plans de Renfe empeorarán a mobilidade e a calidade de vida"
A Plataforma pola Mobilidade Sostible da Coruña denuncia o "desmantelamento progresivo" da rede ferroviaria, o que imposibilita a posta por un medio eficaz e respectuoso co medio ambiente nunha comarca moi castigada polo elevado tráfico.
O Pedrón de Ouro recoñece a lonxeva traxectoria do grupo teatral Airiños
Premia o traballo do decano dos grupos teatrais afeccionados galegos, que cumpre 80 anos. O Pedrón de Honra recae na musicóloga Dorothé Schubarth.
Comezan os 'Debates na Praza' falando de "Lingua e Soberanía. Ideas para o galego nun país con decisión"
O Espazo Cultural da Nave de Vidán, en Compostela, acolle o vindeiro martes ás 20.30 un debate que reunirá Carme Hermida, Eduardo Maragoto, Goretti Sanmartín e Henrique Monteagudo. Nos vindeiros meses Praza Pública e A Nave de Vidán organizarán novos debates con este formato.
A Xunta deixa os medios en galego sen publicidade institucional neste 17 de maio
A Secretaría Xeral de Medios de Comunicación inseriu anuncios da "festa das nosas letras" en xornais, radios e sitios web que empregan o castelán os 365 dias do ano en porcentaxe superior ao 90%, pero desbotou colocalos nos medios que utilizan o idioma galego.
Yolanda Díaz demanda que NGB "poña ao servizo dos preferentistas" os beneficios obtidos no primeiro trimestre
A coordinadora nacional de EU e o voceiro da formación na Coruña, César Santiso, reuníronse con Ana Cedeira, portavoz da Plataforma de afectados da comarca. Díaz pediulle a Feijoo que negocie con FROB e ocs responsables do banco.
Festival do Norte: Música a pesar de todo
Esta fin de semana celébrase en Vilagarcía unha nova edición do principal festival galego de pop-rock. Malia as dificultades económicas foi quen de sacar adiante un cartaz de categoría: Triángulo de Amor Bizarro, Toy, The Primitives, Dorian, We Are Standard, La Habitación Roja, Xoel López, Chinarro...
A Asociación de Medios en Galego denuncia que a Xunta "dálles as costas aos medios que usan esta lingua"
A entidade presentouse en Compostela na véspera do Día das Letras. Formada por 11 medios, ten como obxectivo potenciar o uso do galego nos medios, traballar pola dignificación do xornalismo e procurar vías de financiamento. Tamén demanda unha nova Lei de Publicidade Institucional.
O SLG exixe a Feijóo que alegue a lei para impedir así vender leite por baixo de custos
"Se o presidente cala diante do ataque da CNC e se o PP non tenta modificar o texto da lei, estará desperdiciando a oportunidade histórica de solucionar un dos principais problemas dos labregos do país", di o sindicato.