GMST solicitaralle ao Concello da Coruña a "cifra real" de asistentes á feira taurina
Galicia mellor sen touradas pedirá este martes oficialmente os datos, que a empresa que organiza os festexos está obrigada a achegar. No pleno de setembro demandará do goberno municipal explicacións sobre os cartos públicos gastados na feira.
Mar Sánchez e Valentín García comprométense a traballar conxuntamente coa AMEGA
Tal e como xa fixo hai unhas semanas cos catro grupos parlamentarios e co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a AMEGA expúxolles a ambos os dous cargos públicos as dificultades polas que atravesan os medios en galego.
Esixen que o alcalde de Baralla retire que os asasinados polo franquismo "merecíano"
O PSdeG pide que o rexedor popular se retracte destas palabras pronunciadas no pleno municipal do pasado 26 de xullo para xustificar que o Partido Popular non condenase os crimes da ditadura.
A Coruña dixo 'non' ás touradas
Centos de persoas, entre eles deputados de PSdeG, AGE e BNG, pediron a abolición deste espectáculo de maltrato animal e a fin das subvencións públicas que o sosteñen. O Concello gasta 90 mil anos nos tres días de festexos
PSdeG, AGE e BNG rexeitan o teito de gasto imposto pola Xunta
Os tres grupos da oposición denuncian que este límite de 8.456 millóns de euros suporá "novos recortes nos servizos públicos" ao tempo que cualificaron de "simulacro de pleno", "pitorreo", ou "plebiscito sen posibilidade de emenda" a sesión, con só 24 horas para analizar a información remitida polo Goberno.
O futuro do convento de Herbón, no aire
Hai uns dias rematou o prazo que tiña a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para realizar a declaración de Ben de Interese Cultural. A isto uniuse a decisión das autoridades da orde franciscana de pechar esta comunidade.
Denuncian anomalías nas probas para as brigadas antiincendios
Un veciño de Lalín asegura que quedou fóra das prazas convocadas despois de que no baremo de cualificación por méritos lle outorgasen unha nota moi inferior á que acreditaba. Cando reclamou esta circunstancia, informárono de que non superara unha proba fisica.
Sancionan a empresa mineira de Corcoesto por realizar sondaxes de exploración sen autorización
A Xunta dálles a razón á Plataforma pola Defensa de Corcoesto e ás asociacións de veciños de Corcoesto, Cereo e Valenza, que denunciaron que a empresa estaba traballando de xeito ilegal nas cuadrículas Julia 2 e Julia 3, que se atopan en tramitación e que afectan ao Concello de Coristanco.
Esquerda Socialista sinala que a consulta non vinculante do PSdeG non "colma as aspiracións da maioría da militancia"
O colectivo afirma que "resulta chocante pretender que a voz da militancia teña a consideración de mera recomendación e non de mandato"
Toda a oposición denuncia no Parlamento a descoordinación das emerxencias
PSdeG-PSOE, AGE e BNG critican a "falta de rigor" da información ofrecida por Alfonso Rueda na súa comparecencia na Cámara. Os tres grupos reclaman que se afonde na explicación das causas do sinistro "como mostra de respecto ás víctimas" e louvan o traballo dos profesionais públicos.
A Xunta aproba o reparto de 84 novas frecuencias de FM
Este concurso completa a distribución de licencias de emisión radiofónica en Galicia, e dificilmente se outorgarán máis frecuencias de emisión. As grandes cadeas radiofónicas do Estado e as cabeceiras galegas de prensa escrita, as grandes beneficiadas.
Rueda comparece no Parlamento, pero a oposición esixe unha comisión de investigación
O vicepresidente da Xunta detalla a partir das 16.30 o dispositivo de emerxencia posto en marcha para atender os pasaxeiros do accidente de tren. Os tres grupos da oposición ven "precipitada" esta comparecencia e AGE e BNG piden a creación dunha comisión de investigación.