Denuncian vertidos ao río Gallo, en Cuntis
A asociación O Fervedoiro alertou de vertidos supostamente realizados por Termas de Cuntis S.L. e pide información ao Concello.
Deputados de PSdeG, AGE e BNG participarán na manifestación antitaurina da Coruña
A marcha terá lugar este domingo 4 de agosto e partirá ás 12 do mediodía dende o Obelisco. Dende a Fronte Antitaurina reclámase a fin dos subsidios públicos para espectáculos taurinos.
Terase en conta a consulta 'non vinculante' aos pais para fixar a lingua no ensino infantil
A Xunta adecúa cunha instrución o decreto de plurilingüismo ás sentenzas do TSXG. A consulta non será vinculante pero "constituirá un dato moi importante", sinala Valentín García. Tamén se terá en conta o ámbito sociolingüístico e a garantía de equilibrio de ensino.
Galicia despide as vítimas
Centos de persoas participaron na homenaxe civil aos falecidos. No acto, sobrio e coas notas da Negra Sombra de Rosalía de fondo, interviron familiares, veciños de Angrois e unha das traballadores que participaron na atención aos afectados. A dona dun dos falecidos reclamou: "Queremos saber a verdade, que nos digan por que pasou. Se é certo que o accidente se puido ter evitado intenten que nunca máis volva pasar". Audios no interior.
O BNG de Silleda denuncia "bicefalia institucional" no concello
Os nacionalistas critican que a anterior alcaldesa, Paula Fernández, que deixou o seu cargo para converterse en senadora, segue realizando labores de rexedora "no propio despacho e entre o persoal municipal". O Bloque cre que "esta interinidade nin é boa para a institución, nin para os silledenses"
O PSdeG esixe o cese de dous edís de Vilalba por beneficiar as súas empresas dende o Concello
Os socialistas formalizarán a petición de destitución de José Mª García Leira e Julio Vázquez Otero no pleno deste xoves. Acúsanos de "uso do poder en beneficio persoal” para empresas coas que están relacionados.
Atopan o primeiro texto científico realizado polo astrónomo Ramón María Aller, datado en 1907
O manuscrito inédito, de 40 páxinas e datado en 1907, analiza o paso de Mercurio por diante do Sol en Lalín, e convértese no texto máis antigo atribuído ao investigador galego.
"Cada vez máis xente comprende que o AVE non é a solución"
A Plataforma en Defensa do Tren convoca este mércores ás 19.30 unha concentración na estación da Coruña para presentar o manifesto Por un tren público e seguro. Denuncian que a segmentación de Renfe e os plans de liberalización unidos aos recortes poden provocar unha merma da seguridade no ferrocarril.
En Positivo destaca que os candidatos á Secretaría Xeral do PSdeG asumiron as súas "propostas de renovación"
Os membros da plataforma reuníronse con José Ramón López Besteiro e Manel Vázquez e realizan un balance moi favorable das xuntanzas.
Nace 'Oink!', a revista do Xabarín Club
A publicación, que será mensual e sairá á rúa o 26 de agosto, presentarase en Viñetas desde o Atlántico o día 10. Colaboran Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno, Marilar Aleixandre, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas e Pinto & Chinto
Espanha pretende tirar partido da catástrofe de Angrois
Praza PúblicaBNG e AGE reclaman a apertura de comisións de investigación sobre o accidente
As dúas formacións rexeitan que se convirta o maquinista en "chibo expiatorio" e piden que se afonde nas "causas" do accidente. O PSOE demanda a comparecencia no Congreso da ministra Ana Pastor e dos responsables de Renfe e Adif.