Galicia destruíu case 40.000 empregos no pasado ano
O país perdeu 38.200 traballos en 2013 e conta con 400 parados máis que hai un ano. O desemprego sobe mentres descende no conxunto do Estado e o número de ocupados cae tamén en case 20.000 persoas no último trimestre.
Por que ler Oink!?
O lanzamento de Oink! o verán pasado foi acollido con entusiasmo en medios dixitais e redes sociais, ao non existir no mercado ningunha revista en galego dirixida a cativos. Mais a lingua, que foi percibida coma o auténtico valor engadido da publicación, non é o seu único elemento diferencial. Tamén o é o tratamento que nas súas páxinas recibe a banda deseñada.
O Goberno corrixe a PAC pero segue a prexudicar o agro galego
Define como agricultor activo calquera persoa ou empresa que teña o 20% dos seus ingresos provenientes da actividade agraria e rexeita que se faga un reparto progresivo para que a maioría das subvencións vaian parar ás explotacións e á produción de alimentos.
Os lectores e lectoras de Fervenzas Literarias escollen o mellor do 2013
Cadeas (Xabier López), Sobre Ruínas (Xesús Rábade Paredes) e Feminismos (Olga Castro e María Reimóndez), mellores libros de narrativa, poesía e ensaio, respectivamente. Ramón Nicolás (mellor crítico), Culturgal (mellor iniciativa) e Praza Pública (mellor medio de comunicación), entre os premiados
Lúas novas para a "palavra comum" que partillamos
Hai unhas semanas botaba a andar Palavra Comum. Artes e letras da lua nova, unha revista cultural dixital, dirixida por Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Ramiro Torres na que colabora un bo feixe de artistas e intelectuais galegos, portugueses e brasileiros.
O patio das ideas: unha illa nun mar de recortes
A crítica que, de maneira constante, se verte sobre o sistema educativo e a dificultade de traballar con menos medios están facendo mella no ánimo e na implicación da comunidade educativa. Este é o pano de fondo que, xunto coa inminente aplicación da LOMCE e "outras normas de carácter regresivo", inspirou un grupo de profesionais do ensino para poñer en marcha O patio das ideas, que comeza cunha vista ao IES Illa de Arousa.
Tempo de imaxinar
Praza Pública
O IGADI publica o seu informe anual sobre a política chinesa
O Observatorio da Política Chinesa, promovido polo IGADI, debulla neste texto o máis relevante da actualidade política desta superpotencia, nun ano no que definiu as liñas mestras das reformas que se levarán a cabo na vindeira década.
Tan só catro de cada dez fogares galegos chegan fácil a fin de mes
O 60% das familias asegura chegar con dificultade ou moita dificultade e o 32% recoñece que non se permitiu extra ningún durante os últimos tres meses.
Nin Romay Beccaría acepta os copagos sanitarios do PP
O Consello de Estado, que preside o ex conselleiro e ex ministro de Sanidade, emite un duro ditame contra o pagamento do transporte sanitario non urxente imposto polo Executivo central. Pide ao Estado que "reavalíe" o proxecto e dubida que supoña aforro ningún.
A polémica volve arrodear as xuntas dos parques naturais galegos
Á parálise e ineficacia dos órganos consultivos únese agora o nomeamento como presidente do de Corrubedo do senador Torres Colomer, malia que a lei prevé que o cargo o ocupe "unha persoa de recoñecido prestixio científico ou técnico na conservación da natureza".
Quen traba no idioma?
FotoTrabadas é un concurso organizado pola Asociación Trabalingua, da Universidade de Vigo, no que abonda con tirarlle unha fotografía aos erros linguïsticos que se queira denunciar.