A campaña 'Salvemos a música e a noite' denuncia o 21% de IVE
Lembran que 4.500 discotecas, salas de concertos e locais de lecer pecharon en España desde o inicio da crise.
Suspendidos todos os actos do 25
A Xunta decreta sete dias de loito oficial en Galicia. Institucións e forzas politicas anunciaron de contado a suspensión de todos os actos e celebracións previstas, incluidas todas as manifestacións, ofrendas e o Festigal. O propio Concello suspendeu as festas de Santiago, comezando polo espectáculo de luces da Catedral.
Ducias de mortos ao descarrilar un tren en Compostela
Ás 20.40 un tren Alvia que cubría a ruta entre Madrid e Ferrol descarrilou a tres quilómetros de chegar a Santiago. O número de falecidos xa é de 80 e hai máis dun cento de feridos. A causa do accidente pode ser a excesiva velocidade do convoi e o maquinista recoñece que ía a 190 km/h. Suspendidos todos os actos e celebracións previstos para o 25 de xullo.
O Deportivo ten unha semana para librarse da liquidación
Se o club non arranxa as débedas cos xogadores antes do 31 de xullo, descenderá a 2ªB, o que provocaría a súa desaparición. Lendoiro pasou do "malo será" a "non garantir" a saída do equipo na categoría de prata.
As intervencións de dez colectivos precederán ao discurso de Vence na Quintana
Na véspera, o portavoz nacional do BNG instou en Bonaval a mocidade a non renderser e a pelexar “polo dereito a traballar na súa terra”.
A fiscalía denuncia dous cargos da Xunta polo dragado da ría de Ferrol
O expediente remitido por Medio Ambiente agocharía un informe contrario ás obras e incluiría outro favorable e elaborado posteriormente. Adega pide a destitución inmediata dos dous funcionarios.
CC.OO. e UGT centran na crise ecónomica e nos recortes a súa mensaxe do 25 de xullo
A declaración conxunta denuncia que a Xunta "permanece impasible diante do desmantelamento de sectores estratéxicos da economía galega". Tamén alertan "do avance imparable da pobreza en Galicia" e do "ataque e desmantelamento dos servizos públicos"
AGE comprométese a "pular polo exercicio do dereito de autodeterminación"
Representantes das forzas que compoñen Alternativa presentan o manifesto Un paso adiante, Galiza! ante a que foi sede da imprenta e editorial Nós, do alcalde republicano e galeguista de Compostela, Ánxel Casal
O regreso de The Homens..., só por un día e en sesión vermú
A banda compostelá ofrecerá un concerto este sábado ao mediodía en Compostela, xunto con Samesugas. É a súa primeira actuación en dous anos. Falamos co seu vocalista, Martiño, que aclara que isto non supón o retorno do grupo e di que "estamos pensando en recuperar as camisetas de raias a ver se collemos nelas”.
A Xunta gasta máis dun millón de euros en publicidade nunha semana, segundo a CIG
Segundo o sindicato, o Goberno galego pagoulles 1.160.000 euros a algún medios para difundir dúas campañas: un plan de sensibilización para a dinamización demográfica de Galicia e a campaña publicitaria Galicia Emprende
Os estafados polas preferentes acordan retirar todos os aforros de Novagalicia Banco
Serían ao redor de 1.200.000 euros. A coordinadora de afectados decide manifestarse en Sanxenxo ante Rajoy e baralla a posibilidade de designar un representante no consello de administración, ao representar case o 10% do capital.
"Exiximos dereitos e non caridade"
Cincuenta persoas, convocados pola ODS-Coia e a parroquia do Cristo da Victoria, denuncian as "insuficientes" axudas de Emerxencia Social do Concello de Vigo, e reclaman "unha renda básica" que lles permita "vivir con dignidade".