As letras italianas, protagonistas das 'Xornadas Literarias' do Concello de Neda
A 12ª edición do encontro, organizado tamén pola Facultade de Humanidades da UDC, estará dedicado a Alessandro Manzoni. Celebrarase do 23 ao 25 de abril, e será inaugurada por Giovanni Albertocchi, quen falará da relación entre o escritor e a poética da verdade.
A APDR pide sancións contra ENCE por incumprir a Lei de Augas
A Asociación Pola Defensa da Ría vén de presentar unha denuncia pola mestura, recoñecida pola empresa, de augas limpas procedentes da captación da empresa no Río Lérez coas augas residuais contaminadas procedentes da depuradora da empresa antes do seu vertido.
Un lugar para 'arrincar'
O 9 e 10 de maio celebrarase en Santiago o evento Arrinca 2014, que busca "axudar a xente cunha idea de negocio para que poida desenvolvela e facela realidade"
As eivas do Observatorio Europeo do Leite
A Comisión lanza un mecanismo para analizar a evolución de prezos, produción, reservas e futuro do sector, pero non prevé achegar datos sobre os custos de produción, tal e como critica o SLG, que pide mellorar tamén os "deficientes" instrumentos de intervención no mercado.
A macrourbanización de luxo con campos de golf que ameaza Corrubedo
Verdegaia advirte dun proxecto de 600.000 metros cadrados ao carón do parque dunar protexido que requiriría a modificación do PXOM de Ribeira e que podería xerar "graves problemas ambientais" na zona.
CxG: "O irrelevante é a talla política de Feijóo"
Compromiso presenta a súa candidatura ás europeas, encabezada por Paulo Carlos López e formada por "xente moza e do común", din.
Deputados galegos "presionan" a Exteriores para que defenda o pobo do Sáhara
Parlamentarios e voceiros da Cámara galega únense á campaña que reclama a ampliación das funcións da Misión da ONU que inclúa "a vixilancia do cumprimento e non vulneración dos dereitos humanos" no territorio saharauí.
O BNG apela á república galega fronte a unha monarquía "de parásitos sociais"
Na véspera do aniversario da II República Española o Bloque coida que "unha simple mudanza na forma do Estado non mudará nada" e avoga polo "Estado propio" para Galicia
Vinte e cinco primaveras para a cultura
No IES Fontexería, de Muros, celébrase antes das vacacións do segundo trimestre escolar unha semana cultural coa que achegar ao alumnado esoutra cultura máis difícil de encadrar nos ríxidos curriculos escolares
Galegote: Rock en galego, moito e bo
A Sala Karma de Pontevedra acollerá do 24 ao 26 de abril a terceira edición do Galegote Rock, un festival organizado polo Concello de Pontevedra, que busca a promoción de bandas e artistas profesionais que cantan en galego.
A economía galega, entre as menos dinámicas do Estado: caen a creación e a disolución de empresas
O INE publicou este martes os datos actualizados da Estatística de Sociedades Mercantís. En febreiro creáronse en Galicia un 6% menos sociedades que no mesmo mes do ano pasado e apenas un 4% das creadas en toda España.
A eliminación de partidos xudiciais que non gusta a ninguén en Galicia
A reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial prevé eliminar os 45 partidos xudiciais galegos, incluídos os de grandes cidades como Vigo, Compostela ou Ferrol, que lideran o rexeitamento frontal á proposta do Goberno central que comparten partidos, avogados, xuíces e fiscais.