O Play-Doc arranca a edición do seu décimo aniversario
O Festival Internacional de Documentais de Tui celébrase do 2 ao 6 de abril e ábrese esta noite cunha sesión de curtametraxes de Bogdan Dziworski, un dos homenaxeados doutras edicións, xunto con Artavazd Pelechian, Ross McElwee, Jay Rosenblatt ou Albert Maysles, que tamén terán un oco este ano.
Salustiano Mato, reelixido reitor da Universidade de Vigo cunha participación do 8,6%
O representante de Alternativa Universitaria, único candidato, recibiu 751 apoios, fronte a 908 votos en branco e 291 nulos. Apenas o 3% dos alumnos e alumnas acudiron ás urnas.
A Xunta errou nas previsións de recesión e desemprego para 2013
O PIB galego caeu unha décima máis do previsto pola Xunta e o país rematou o exercicio económico cunha recesión do 1%.
A "persecución" dos inmigrantes que tamén se dá en Galicia
A campaña 'SOS Dereitos das Persoas Migrantes en Grave Perigo!' lanzada polo Foro Galego da Inmigración denuncia as "agresións silenciosas e silenciadas" que o colectivo sofre en Galicia a través de redadas, explotación laboral ou acoso aos vendedores ambulantes.
Lidia Senra gaña a votación interna de Anova e encabezará a lista das europeas
Obtivo o 85% dos votos, superando Carlos Lorenzo Simón, da comarca de Ourense, que ocupará o segundo posto. Votaron o 47% dos e das militantes. Senra ocupará un posto de saída na candidatura.
Caravanas de vehículos demandaron a conxelación das peaxes na AP9
Nos actos, organizados polo BNG Pontevedra, Coruña e Ferrol, ducias de condutores e condutoras bloquearon as peaxes pagando con céntimos. A empresa abriu máis cabinas do habitual para minimizar o efecto da protesta.
Primavera sen mina en Corcoesto
Ducias de veciños das localidades próximas a Corcoesto celebraron un xantar lúdico para celebrar a comunicación oficial da paralización definitiva do proxecto mineiro.
Os dereitos das persoas migrantes, "en grave perigo"
O Foro Galego de Inmigración lanza unha campaña para promover "unha resposta social ampla e contundente" ante o recorte "dos máis elementais principios democráticos e os propios dereitos humanos" que, ao seu xuízo, se está a producir
"Tivéronnos nove horas de pé, mentres nos berraban e insultaban"
Outro dos galegos detidos tras a manifestación das Marchas da Dignidade denuncia o trato da Policía e asegura que foi arrestado sen motivo mentres abandonaba a mobilización ao virar "nun ambiente que xa non era pacífico".
A Xunta reunirase cos alcaldes críticos co canon de Sogama tras o peche en San Caetano
Uns vinte rexedores, en representación dos case cen contrarios ao incremento da taxa, péchanse na sede do Goberno e piden "diálogo e solucións a unha suba unilateral, inxusta e desproporcionada". O conselleiro de Medio Ambiente acepta reunirse con eles tras a protesta.
A Coruña acolle esta noite a gran festa do teatro galego
Eurozone, con doce candidaturas; O home almofada, con seis; e As do peixe e Bye, Bye Honey, con cinco, son as montaxes con maior número de nomeamentos, nunha gala que comezará ás 20.30 horas e que se poderá ver en diferido na TVG a partir das 23.45
"Seguiremos a loitar pola sanidade pública"
Milleiros de galegos volven saír á rúa contra a privatización dos servizos sanitarios en varias e exitosas manifestacións. Os convocantes advirten que a cidadanía continuará mobilizándose e non permitirá que "convertan nun nicho de negocio un patrimonio universal do pobo".