Fernández de Sousa dimite como presidente de Pescanova
Abandona a empresa logo de 37 anos e días despois de que se coñecese a auditoría que revelaba prácticas contables para ocultar débeda que eran "instruídas, executadas, levadas a cabo ou coñecidas" pola dirección.
O persoal alerta da "insostíbel situación" das universidades galegas polos "recortes"
Os órganos de representación dos traballadores censuran as medidas que "impiden o acceso da mocidade á Universidade, bloquean o I+D e afástannos dun cremento baseado no coñecemento". Preparan unha queixa conxunta ao Valedor.
Toda a oposición, agás UPyD, comprométese a derrogar a Lei Wert
Os líderes de PSOE, Esquerda Plural, CiU, PNV, Amaiur, ERC, BNG, Geroa Bai, CC e Compromís-Equo escenificaron no Senado o acordo, polo que botarán abaixo a contrarreforma educativa se nas vindeiras eleccións suman unha maioría suficiente.
CxG celebrará os seus actos no 25 de xullo baixo o lema "O futuro é compromiso"
Ao redor do Parque de Bonaval haberá un acto político, unha ofrenda no Panteón de Galegos Ilustres e actividades pola tarde que inclúen concertos, monólogos e xogos infantís.
A Asociación de Medios en Galego presentouse aos catro Grupos Parlamentares
A Asociación explicou a súas liñas estratéxicas e fixo propostas enfocadas á defensa do uso do galego nos medios. O Colexio de Xornalistas tamén recibíu á AMG, que vai manter igualmente contacto co Sindicato de Xornalistas.
O apoio de Caamaño reforza as opcións de Besteiro ante Pachi Vázquez
O líder dos socialistas lucenses aglutina os apoios dos persoeiros do partido que apostan pola renovación. Iván Puentes, de Novo Socialismo Galego, tamén negociará con Besteiro na procura de "estabilidade". Vázquez responde que "vale tanto o voto dun ministro coma o dun militante".
A UE confirma o golpe de morte ao naval
Bruxelas pide ao Estado que recupere as axudas entre 2007 e 2011 e condena un sector do que dependen 15.000 empregos en Galicia. Almunia insiste en que a decisión "afecta só os investidores" e cre que o futuro dos estaleiros "depende da súa capacidade de innovación e de atraer clientes".
Reixa deixa de presidir a SGAE
A Xunta Directiva da entidade aproba por unha ampla maioría a súa destitución, con acusacións de ter reducido os ingresos da xestora e de beneficiar as grandes discográficas. Reixa sinala que "na SGAE hai unha loita de poder que vai máis alá do lexítimo".
O naval péchase nos estaleiros e segue a presionar a UE polo 'tax lease'
Traballadores da ría de Vigo permanecerán encerrados nos seus centros de traballo até o pronunciamento da Comisión Europea deste mércores.
O PSdeG esixe que Feijoo compareza no Parlamento para dar conta do financiamento do PP
Abel Losada advirte que se o presidente da Xunta non dá a cara, o Grupo Socialista abandonará a Comisión de Estudo da Corrupción.
O Colexio Oficial de Traballo Social ve deslexitimada a proposta de reforma da Administración Local
Celebra que o Consejo de Estado “refrendara un por un” os puntos do informe elaborado polo Consejo General del Trabajo Social, que criticaba con dureza a proposta gobernamental.
Unha 'chourizada' ante a sede do PP na Coruña pedirá a dimisión de Rajoy
Está convocada para este xoves 18 ás oito da tarde. Este martes unha asemblea preparatoria debaterá e organizará a acción.