O Valedor reclama á defensora europea que defenda o naval galego ante a UE
Remite unha queixa na que advirte das "dramáticas repercusións" que suporía a devolución do 'tax lease' para Galicia, dubida do principio de boa administración e rebate con cinco argumentos a decisión da Comisión Europea.
En galego, "leite gordo"
A Gentalha do Pichel presenta un novo traballo audiovisual para amosar que, "coa industria do leite, popularizáronse entre nós as denominacións castellanas" dos produtos lácteos mala existiren termos propios da lingua galega para nomear as mesmas realidades. Vídeo no interior
O PP incumpre a súa promesa e aproba a Lei de Cadea Alimentaria que permite vender a perdas
O Senado dá visto e prace á nova normativa co voto favorable dos senadores galegos, malia que Feijóo prometera impedir que se deixase vender por baixo dos custos de produción. "O PP traizoa o sector lácteo", denuncia o SLG.
Almunia insiste en pedir a devolución do 'tax lease' mentres Vigo sae á rúa polo naval
Rexeita os argumentos presentados polo ministro Soria e os presidentes de Galicia, Euskadi e Asturias. Milleiros de cidadáns maniféstanse para reclamarlle á Comisión Europea que dea marcha atrás.
O Festigal volve con música e "rebeldía"
A Quenlla, Sés, Festicultores e Nao encabezan o cartel da duodécima edición do festival organizado por Galiza Sempre e Galiza Nova, que desta volta incorpora tamén un espazo para o deporte
CxG propón un acto "unitario" para o 25 de xullo que se sume aos dos partidos
Bascuas anima a todas as "organizacións políticas, sindicais, culturais e sociais" a organizar un evento en réxime de "autoconvocatoria" que sería "de interese" para "o conxunto do país".
A pésima situación económica da multinacional da mina de Corcoesto
A Xunta exíxelle máis garantías económicas a unha compañía que tería que ampliar o seu capital en case 26 millóns de euros para poder asumir o investimento. Anova cre que as peticións do Goberno galego "non é mais que unha pantomima fraudulenta en conivencia coa empresa".
O xuízo do Prestige, visto para sentenza case once anos despois da catástrofe
O xefe de máquinas pide "perdón" a Galicia polos danos causados pola marea negra e a avogada de López Sors volve defender a decisión de afastar o buque da costa.
Case 28.000 afectados polas preferentes de Novagalicia piden liquidez ao FGD
O 36,7% dos preferentistas solicitaron a compra das súas accións e case 8.000 pasarán a ser accionistas definitivos da entidade.
A Xunta paraliza a mina de Corcoesto
A Consellería de Economía comunica á empresa que non autoriza polo momento o proxecto ao "non cumprir as máximas garantías de viabilidade técnica e económica".
A Subdelegación do Goberno segue a multar activistas sociais da Coruña
Envía dúas novas propostas de multas contra cidadás que se mobilizaron polo dereito á vivenda ou en contra dos recortes. Stop Desafiuzamentos convoca unha manifestación o vindeiro xoves "contra a criminalización dos movementos sociais".
Os gandeiros insisten en que a Lei de Cadea Alimentaria prohíba vender a perdas
COAG e SLG reclaman que a venda por baixo de custos sexa sancionada na nova norma ante o Senado, que votará a lei o vindeiro xoves.