"O naval non ten por que pagar a incompetencia de España na UE"
Ana Miranda interpela a Durão Barroso e advírtelle que a devolución das axudas do 'tax lease' provocaría a desaparición dun sector estratéxico en Galicia e "deixaría sen traballo a máis de 30.000 familias.
As mocidades soberanistas manifestaranse unidas o 24 de xullo
Adiante, Agir, AMI, Briga, Comités, Galiza Nova, Isca! e Liga Estudantil Galega presentan unha marcha que percorrerá as rúas de Compostela na véspera do Día da Patria. Vídeo no interior
O paro cae en Galicia en algo máis de 10.000 persoas en xuño
O país remata o mes con 273.434 desempregados, un 3,68% menos que en maio, pero 1,57% máis que hai un ano.
Galicia, Euskadi e Asturias defenden xuntas o naval e piden reunirse con Almunia
Exixen unha xuntanza inmediata co comisario de Competencia para que "reconsidere" a devolución das axudas do 'tax lease'.
A Xunta volve consultar aos pais a lingua do ensino malia a sentenza do TSXG
Envía aos centros un modelo de consulta para Infantil semellante ao de cursos pasados a pesar de que a Xustiza anulaba a posibilidade de facer unha enquisa. A CIG solicita ao tribunal que execute a sentenza e anule esta actuación administrativa.
Almunia insiste en que "non perdoará" ao naval a devolución do 'tax lease'
Nega diferenza de trato con Francia e asegura que os contratos que obrigan aos estaleiros a asumir o reintegro das subvencións "non existen xuridicamente" ao ir contra as obrigas da UE.
"Somos pensionistas, non defraudadores"
Uns 200 emigrantes protestan ante a Axencia Tributaria en Pontevedra contra o cobro das pensións do estranxeiro, que consideran "un roubo" por parte do Estado.
Denuncian que Edgewater non podería afrontar un accidente en Corcoesto
Non tería capacidade financeira para lle facer fronte ás responsabilidades. A capitalización bursátil da multinacional é de 7,1 millóns de euros e o patrimonio neto da filial, dun millón.
O comercio da provincia da Coruña irá á folga o primeiro día de rebaixas
O comercio coruñés irá á folga o 1 de xullo para impedir que a patronal do sector recorte en dereitos laborais. Afecta, entre outros, aos comercios de téxtil, calzado, ópticas ou material eléctrico e construción.
A breve república galega chegou en tren
A Fundación Moncho Reboiras-FESGA conmemora cun documental o octoxésimo segundo aniversario da proclamación da República Galega, agromada nos conflitos das obras do ferrocarril. Vídeo íntegro no interior
Besteiro propón que só haxa papeletas nos colexios electorais para frear o "carrexo"
O aspirante á secretaría xeral do PSdeG coida que chegou o momento de "explorar" a posibilidade de que se poida exercer o voto por vía electrónica
Beiras propón a Noriega como 'número dous' de Anova
O portavoz nacional de Anova-Irmandade Nacionalista formula unha proposta de comisión permanente da formación para abordala na Coordinadora Nacional do vindeiro día 13