O Valedor e a Xunta ven Internet cheo de "perigos"
O Valedor e a Consellería de Traballo e Benestar publican un tebeo titulado Os perigos de internet para alertar das "ameazas" que poden atopar os adolescentes na rede. Editáronse 30 mil exemplares.
120 investigadores discuten na Toxa os resultados do acelerador de partículas do CERN
Nas sesións de traballo participan científicos de Europa, América e Asia, baixo a coordinación do proxecto Starting Grant concedido ao investigador da USC Carlos Salgado.
A oposición en pleno pide explicacións pola venda de Evo Banco
A venda da entidade a un fondo de investimento por 60 millóns provoca as críticas de PSdeG, AGE e BNG, que cuestionan "a urxencia" da operación e censuran "a socialización de perdas" que supón unha operación que "debe explicar" Feijóo.
Os blogueiros galegos de moda teñen unha cita en Vigo
A zona comercial urbana Centro Príncipe convoca o evento I'm a fashion blogger, que se celebrará o sábado 21 de setembro con presentación de outfits, novos looks, photocall, agasallos, descontos e desgustacións.
Galicia manifestarase contra o ataque a Siria dividida en dúas plataformas
A Coordinadora Galega pola Paz convoca concentracións este martes ás 20.30 horas, mentres que a Plataforma Galiza contra a Guerra o fará todos os xoves a esa mesma hora.
"O dereito a decidir debe ser un obxectivo conxunto das esquerdas en España"
Dolors Camats, coordinadora nacional de ICV, ofrece este luns unha conferencia en Compostela sobre o dereito a decidir a dous días da celebración da Diada. Ás 18 horas na Biblioteca Ánxel Casal.
CxG pide ao Fiscal Anticorrupción que parte do caso Bárcenas se traslade a Galicia
A formación galeguista cre que a relación entre o ex tesoureiro do PP e Feijóo “é máis estreita do que se quere dar a ver”.
Gómez Besteiro liderará o PSdeG tras acadar o apoio masivo da militancia socialista
O actual presidente da Deputación de Lugo acada máis do 77% dos votos fronte ao 20,2% obtido polo alcalde da Illa, Manel Vázquez.
Manuel María xa ten a súa casa museo
Inaugurouse este sábado en Outeiro de Rei.
Berrando desde a fin do mundo por un ensino de calidade no rural
Pais, alumnos e profesores rematan o camiño reivindicativo en Defensa do Ensino Público Galego na Montaña e no Rural e advirten de que só é "un paso máis" nas súas protestas contra os recortes e por unhas escolas con recursos.
Nace a Plataforma Galiza contra a Guerra
Organizacións sociais, culturais, sindicais, políticas, estudantís e cívicas do país presentaron o colectivo que se opón á "agresión imperialista" contra Siria anunciada polos EUA e apoiada por varios países da UE e do G-20.
O Bloque insiste nunha alianza con Anova para as eleccións europeas
O Consello Nacional aproba as bases políticas que apostan por unha coalición soberanista que exclúa as forzas "de obediencia estatal" e na que s incluirían a formación de Beiras, Amaiur ou Esquerra.