Remata o prazo para presentar propostas ao concurso de microproxectos culturais de Música en Branco
As iniciativas, que deben ser presentadas antes do domingo, estarás ligadas á memoria sonora e musical da Agra do Orzán e as escollidas contarán cun financiamento de até 3.000 euros para o seu desenvolvemento entre os meses de outubro e novembro
Os autónomos galegos cualifican de "chapuza administrativa e fracaso político" a lei de emprendedores
O secretario xeral da organización Autónomos de Galicia, AUGA, afirma que “a Lei non resolvería o verdadeiro problema que ten o sector: a financiamento”.
EU comeza a recollida de sinaturas para esixir a dimisión de Rajoy
A formación realizará este mércores accións nas rúas de Vigo, A Coruña, Ourense, Compostela, Lugo, Pontevedra, Ferrol e Vilagarcía, dentro da campaña #HaiAlternativa que xa leva meses desenvolvéndose a nivel estatal. Demándase a dimisión do Goberno e a convocatoria de eleccións.
Debate na Praza: Galicia non é unha mina
A Nave de Vidán acollerá este mércores ás 20.30 horas un debate sobre os perigos da megaminaría, coa participación de Paco García Trigo (Plataforma de Corcoesto), Nela Abella (Verdegaia), Xoán Doldán (Véspera de Nada) e Lola Torrano (Contramínate Laxe).
Rousseff: "O pobo está a dicirnos que quere cambios"
Despois de reunirse con representantes do Movimento Passe Livre e cos 27 gobernadores estaduais a presidenta brasileira ofreceu "cinco pactos" en materias fiscais, de sanidade, transporte e educación e propuxo iniciar o proceso para reformar a Constitución co obxectivo de loitar contra a corrupción.
"Coa que está a caer, Renda Básica xa"
ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social entregarán este xoves no Concello de Vigo e na Xunta as follas de denuncia que recolleron nos últimos meses esixindo unha Renda Básica. O acto de entrega será precedido dunha manifestación.
Os catro independentistas xulgados rexeitan o uso da violencia
Eduardo Vigo, Roberto Rodrigues, Antom Santos e Maria Osório negaron pertencer a Resistencia Galega e defenderon que os "procesos políticos se desenvolvan por vías democráticas" na primeira xornada do seu xuízo na Audiencia Nacional.
Sarria Libre de touradas "non parará" até a fin deste espectáculo na vila
Varios centos de persoas manifestáronse este domingo nunha "marcha civica a prol da cultura e contra a ignorancia e a tortura que representan as touradas". Esixe do Concello a retirada de calquera subvención a esta actividade, así coma a fin da cesión de espazos públicos para realizala.
San Pedro: Dez anos de festas no barrio de todas e todos
Este martes comezan as Festas do compostelán barrio de San Pedro, un exemplo de celebración popular que chega á súa décima edición e que se desenvolverá até o domingo. Máis de 150 voluntarias fan posible a organización dunhas 40 actividades.
As protestas no Brasil acalman para deseñar o seu futuro
Dilma Rousseff reúnese este luns con representantes do movemento que liderou as primeiras accións. Nas redes sociais convócanse novas mobilizacións con obxectivos diversos: en defensa dos dereitos dos homosexuais, ou do dereito ao aborto, e mesmo fanse chamamentos a unha folga xeral o 1 de xullo.
4gotas.com, outra forma de mirar o tempo que vai
O 2 de xullo botará a andar esta web realizada polos meteorólogos Carlos F. Balseiro, Pablo Carracedo, Beatriz Hervella e Eduardo Penabad.
Esculca denuncia o incremento da "presión policial" e as "restricións" de dereitos en Galicia
A entidade, Observatório para a defensa dos direitos e liberdades, salienta que "a estes excesos non é allea a dirección política das forzas policiais"