As clases impartiranse en español en Cataluña con tal de que un só alumno o solicite
O Tribunal Superior de Cataluña obriga a que se impartan as clases en castelán a todos os estudantes aínda que tan só a familia dun deles o reclame.
Nova manifestación este domingo contra a mina de Corcoesto
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños convoca en Carballo unha marcha que pretende masiva e que xa apoian colectivos ecoloxistas, a CIG ou o BNG.
CCOO denuncia “o total desmantelamento do tren convencional de viaxeiros en Galicia”
Suprímense 94 servizos á semana e péchanse 30 estacións e o sindicato alerta de que pode haber máis recortes nos vindeiros meses. Demándalle ao Goberno galego unha aposta decidida polo ferrocarril.
Bochoio.com, unha axuda 2.0 para buscar emprego
A web e a aplicación para dispositivos móbiles foron desenvolvidas pola empresa coruñesa Appeiros Mobile Development, constituida recentemente por titulados da Universidade da Coruña. Preséntase este mércores na UDC.
A Xustiza obriga a Amancio Ortega a regularizar fiscalmente a súa sociedade
Incluíu indebidamente como gasto deducible a retribución do fundador de Inditex, malia que non estaba contratado pola sociedade nin dado de alta na Seguridade Social. Facenda incrementa a base imponible do imposto de sociedades de dous exercicios en case 3 millóns de euros.
CxG denuncia que a Xunta lles cobrará ás familias o dobre do que custa o servizo de comedor escolar
A Consellaría de Educación achégalles aos centros escolares de primaria 2,08 euros por neno e día para os gastos de comedor, e a partir do vindeiro curso quere cobrarlles aos pais e nais 4,5 euros
O fiscal cifra en 1.200 millóns os cartos que se reintegrarían se prospera a demanda polas preferentes
Carlos Varela advirte de que o preito podería chegar ao Supremo o Luxemburgo se é desestimada no xulgado.
O profesorado colaborador do Celga denuncia a súa "precaria situación"
Este colectivo de mestres e mestras difunde un manifesto que alerta de que a Xunta pretende "ir eliminando os cursos que impartimos para usar como man de obra máis barata aínda o profesorado das escolas de idiomas e o persoal técnico de normalización lingüística dos concellos"
"A mellor homenaxe que lle podemos facer a Sampedro é seguir coa súa loita por unha sociedade mellor"
O escritor e economista José Luís Sampedro faleceu este luns aos 96 anos de idade. Son moi numerosos os recoñecementos públicos ao seu compromiso social e á súa defensa dunha economía "máis humana, máis solidaria, capaz de contribuír a desenvolver a dignidade dos pobos".
O BNG denuncia que o Concello de Muros pon "trabas" para empregar o galego nos xuízos
A denuncia diríxese contra o asesor xurídico, José Luís Barro, que hai días demandou o ex concelleiro José Ramón Farinós por chamarlle "fascista" no seu perfil de Facebook.
Un proxecto mineiro ameaza 8.000 hectáreas nas comarcas de Ordes e Compostela
A empresa Erimsa, que fracasou no seu intento na Terra Chá, solicitou cinco permisos de investigación para buscar cuarzo en Oroso, O Pino, Santiago, Ordes, Frades e Mesía. O SLG denuncia a "total conivencia" da Xunta cos proxectos mineiros e a "ocultación de información" á cidadanía.
A Xunta solicítalle a Google a tradución ao galego de Android
A xestión inclúese no Plan de Software Libre 2013 que se desenvolverá en colaboración coas asociacións galegas de usuarios de software libre (AGUSL), as empresas do sector (AGASOL), as tres universidades e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática.