O BNG inicia a redacción do seu programa para as europeas cunha xornada de debate
Fíxase como obxectivo dos comicios de maio transformar nunha “marea de apoios” o recoñecemento social de que o BNG “é a forza útil do país”
O Encontro Social de Ferrolterra debate o seu futuro
As entidades e persoas que compoñen esta plataforma celebrarán este sábado unha asemblea deliberativa na que farán balance dos dous anos de actividade desta iniciativa e debaterán cal debe ser a súa actuación no futuro.
Tempo Exterior dedícalle a Uruguai o seu novo número
A revista de análise e estudos internacionais do IGADI afonda na política deste país sudamericano, que o vindeiro mes de outubro celebrará eleccións presidenciais e renovará as súas dúas cámaras, nuns comicios nos que a esquerda é favorita.
Incubadoras abandonadas nos corredores do HULA
CIG-Saúde denuncia que custosos e imprescindibles equipos médicos permaneceron "varados" no hospital lucense á espera de que alguén os recollese para a súa reparación. Culpa desta e doutras incidencias á decisión do SERGAS de privatizar o mantemento dos equipos electromédicos.
Medra o tempo de espera para operarse en Galicia
Pasa dos 83,4 días de hai un ano até os actuais 84,2, segundo as cifras feitas públicas hoxe pola Consellaría de Sanidade. Este incremento prodúcese mesmo nas enfermidades máis graves, nas que a espera media pasa dos 17,2 días aos 18,3.
O Consello Escolar de Galicia critica o modelo de convivencia deseñado pola Consellaría
Xosé Ramos Rodríguez, membro do Consello Escolar de Galicia por Nova Escola Galega, escribe no blog O Patio das Ideas sobre o desenvolvemento da Lei de convivencia, debatido por ese organismo o pasado 16 de xaneiro.
Alumnos de Belas Artes íspense para difundir a creación artística da súa facultade
Seis alumnos e alumnas da facultade pontevedresa posaron nús e núas, cubertos con algunha das súas obras, unhas imaxes que posteriormente conformaron un calendario composto como un cubo.
Galicia destruíu case 40.000 empregos no pasado ano
O país perdeu 38.200 traballos en 2013 e conta con 400 parados máis que hai un ano. O desemprego sobe mentres descende no conxunto do Estado e o número de ocupados cae tamén en case 20.000 persoas no último trimestre.
Por que ler Oink!?
O lanzamento de Oink! o verán pasado foi acollido con entusiasmo en medios dixitais e redes sociais, ao non existir no mercado ningunha revista en galego dirixida a cativos. Mais a lingua, que foi percibida coma o auténtico valor engadido da publicación, non é o seu único elemento diferencial. Tamén o é o tratamento que nas súas páxinas recibe a banda deseñada.
O Goberno corrixe a PAC pero segue a prexudicar o agro galego
Define como agricultor activo calquera persoa ou empresa que teña o 20% dos seus ingresos provenientes da actividade agraria e rexeita que se faga un reparto progresivo para que a maioría das subvencións vaian parar ás explotacións e á produción de alimentos.
Os lectores e lectoras de Fervenzas Literarias escollen o mellor do 2013
Cadeas (Xabier López), Sobre Ruínas (Xesús Rábade Paredes) e Feminismos (Olga Castro e María Reimóndez), mellores libros de narrativa, poesía e ensaio, respectivamente. Ramón Nicolás (mellor crítico), Culturgal (mellor iniciativa) e Praza Pública (mellor medio de comunicación), entre os premiados
Lúas novas para a "palavra comum" que partillamos
Hai unhas semanas botaba a andar Palavra Comum. Artes e letras da lua nova, unha revista cultural dixital, dirixida por Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Ramiro Torres na que colabora un bo feixe de artistas e intelectuais galegos, portugueses e brasileiros.