Será noticia en 2014
A nosa historia fácemola nós, e as noticias non se prefabrican, pero hai certos temas dos que seguro falaremos nos vindeiros meses, e que darán para unha, dúas ou unha ducia de novas. Estes son só algúns deles.
O Concello do Carballiño solicitaralle á RAG que admita a palabra 'pulpo'
O alcalde, Argimiro Marnotes, sinala que "aquí sempre foi pulpo", e o director do Instituto de Estudios Carballiñeses, Avelino Muleiro, que realizará un informe, defende que "a lingua é dinámica como a sociedade"
A Audiencia Nacional non investigará os EUA por encubrir os asasinos de José Couso
O xuíz Pedraz rexeita investigar as autoridades estadounidenses por posible encubrimento, tal e como solicitara a familia do cámara galego asasinado en Iraq, pero denuncia ante o Goberno de España a falta de colaboración da Administración dos EUA na investigación.
Premios Osíxeno e Dioxina: Os heroes e viláns do medio ambiente en 2013
ADEGA deu a coñecer este venres os gañadores destes xa tradicionais galardóns, que se entregarán o sábado 11. Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, a Equipa xurídica de Nunca Máis e Antón Masa, presidente da APDR, premiados polo seu bo facer.
Vigo: 18 mil pisos baleiros que non impiden que Analía quede na rúa
Unha sentada fronte ao Concello, convocada pola PAH, reclamou esta mañá unha solución para Analía Méndez e as súas dúas fillas de 10 e 15 anos e para todas as persoas sen fogar ou en risco de perder a súa vivenda na cidade.
O paro segue a subir en Galicia mentres baixa no conxunto do Estado
O desemprego aumenta en 209 persoas en decembro no país e descende en 7.724 en todo 2013 malia que o país perde case 13.000 afiliados nun ano. Os datos volven ser peores que a media estatal, onde o número de parados descende en máis de 107.000.
As castañas de Alibos, Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
A empresa de Monterroso, fundada en 1968, procesa seis mil toneladas de castañas ao ano. Outras seis empresas competiron polo premio, e resultaron finalistas a gandeiría Quintián, e a asociación de criadores de razas autóctonas de Galicia
O que máis lestes en Praza durante 2013
Para pechar o ciclo dos balances do ano, velaí vai o único que, no noso ámbito, responde a criterios puramente obxectivos: o máis lido polas lectores e lectores de Praza. Para facer memoria e tamén para reflexionar un chisco.
As doce ducias do trece
O remate dun ano é unha escusa tan boa como calquera outra para frear un anaco, botar a vista atrás e repasar os acontecementos dos últimos tempos. O consello de redacción de Praza Pública decidiu botar man dunha das especialidades da casa, as ducias, para repasar algo do máis salientable do 2013. É unha escolma completa pero non tan exhaustiva como para que estea todo o que debera. Seguro que ti, que a estás a ler, tes as túas propias ducias.
Pídenlle ao Concello de Vigo que evite novos desafiuzamentos na cidade
Un cento de persoas participaron nunha concetración de apoio a Analía Méndez, nai de dúas nenas de 10 e 15 anos, que terán que abandonar este martes a súa casa, ao carecer de ingresos para pagar o aluguer. A PAH pide un "servizo de vivendas para as persoas e familias co alto risco de exclusión social"
A violencia na rexión obriga a adiar o Festiclown Palestina
O festival estaba programado para a semana do 12 ao 19 de xaneiro nos campamentos de refuxiados do Líbano. Iván Prado (Pallasos en Rebeldía) sinala que “agora, máis que nunca, hai que apoiar os refuxiados palestinos, pois atópanse nunha situación de extrema vulnerabilidade"
O 27% da poboación galega en 2023 terá máis de 65 anos
En Lugo e Ourense o 32,5% e o 30,7% superarán esa idade. O IGE vén de publicar un resumo dos indicadores de lonxevidade, que certifican que o índice de envellecemento de Galicia continuará crecendo.