A gran banca española colle máis vantaxe na carreira por Novagalicia
O FROB recibe seis ofertas para facerse coa entidade galega. Santander, BBVA e CaixaBank, xunto a Banesco e dous fondos, seguen nunha poxa da que caen dous investidores internacionais e logo dun novo cambio de regras a última hora.
Inspección recoñece a relación laboral de Educación co profesorado dos CELGA
A resolución implica a alta na Seguridade Social destes traballadores e traballadoras nos períodos nos que estiveron empregados. De momento só ten consecuencias para os contratados na provincia da Coruña, pero a CIG xa pediu a aplicación deste criterio nas catro provincias.
500 socias e socios para salvar o Museo do Pobo
A institución ten en marcha unha campaña de captación de apoios para reforzar a súa actividade e asegurar un museo forte, independente e plural, un museo máis “noso”.
Estado de emerxencia en Gaza
Diario de Palestina salienta as consecuencias provocadas nos territorios ocupados polas fortes tormentas dos últimos días, que deixaron Gaza sen electricidade, ante a inacción da comunidade internacional
A Xunta culpa veciños e concellos do lume no Monte Pindo
A Asociación Monte Pindo Parque Natural denuncia a resposta dada a unha pregunta parlamentaria do BNG polo director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, que responsabilizou propietarios e alcaldes de non ter limpo o monte.
A militancia de Anova votará en referendo a fórmula para as europeas
Previamente, en xaneiro, celebrarase unha conferencia política que debaterá o modelo de coalición e o programa político para os comicios, segundo decidiu este sábado a Coordinadora Nacional da formación
"Queremos emprego, traballo xa temos"
Unha acción feminista do BNG denuncia na Coruña que as "medidas regresivas" do PP "conducen as mulleres ao fogar". Tamén incidiu "no traballo invisíbel que realizan na esfera doméstica"
Lois Pereiro é unha marioneta
Lanzan unha campaña de achegas para editar un e-audiolibro e caderno de escena a partir do espectáculo de monicreques PULP (Poesía Última Lois Pereiro) realizado pola compañía Fantoches Baj
O selectísimo clube dos 200
Praza Pública
Os premios galegos da música xa teñen gañadores
Os Martín Códax entregáronse no Pazo da Cultura de Pontevedra ante máis de 600 persoas, e recoñeceron 14 artistas e bandas noutras tantas categorías.
O BNG pide que o Parlamento recorra a LOMCE por invadir competencias galegas
A formación rexistra un escrito “polo trámite de urxencia” pedindo que a cámara interpoña un recurso de inconstitucionalidade contra a lei porque está “lexitimado” para facelo.
Os sindicatos contestan as declaracións de Feijoo e Mosquera sobre o Sergas
Despois da folga deste luns e martes, o presidente da Xunta afirmou que "a sanidade pública está blindada", mentres que a conselleira de Sanidade pediu "cruzar os dedos" para evitar máis copagos