Goberno, Renfe e Adif centran no maquinista a responsabilidade do accidente
Está detido, acolleuse ao seu dereito a non declarar e non será posto a disposición este sábado. O ministro do Interior cre que "hai indicios razonábeis de que pode ter responsabilidade no sucedido".
A traxedia en Galicia enche portadas de todo o mundo
Todos os diarios do Estado e boa parte dos europeos levan ás súas primeiras páxinas o tráxico accidente de Compostela.
Cinco minutos de silencio
En todos os concellos de Galicia celebráronse concentracións de homenaxe ás vítimas do sinistro. No Parlamento tamén se concentraron os deputados e deputadas e o persoal da Cámara. A Policía Científica rebaixa a 78 o número de falecidos no accidente. Hai 83 feridos, dos cales 27 permanecen en estado crítico.
Adif xustifica que o sistema de seguridade era "suficiente" cunha "velocidade normal"
A ministra de Fomento, Ana Pastor, afirma que "os sistemas de seguridade van adecuados aos tipos de trens e á velocidade permitida". Os maquinistas cualifican a curva da Grandeira de "punto negro" e sinalan que a "singularidade da liña galega, feita a anacos" complica o percorrido.
Lotus leva a bandeira galega á F-1 como homenaxe ás vítimas
A escudería de Raikkonen lucirá a bandeira de Galicia nos seus monoprazas grazas á homenaxe que quere renderlle o seu propietario Gerard López, fillo de emigrantes de Riotorto.
Veciños de Corcoesto denuncian a mineira e a Xunta por delito contra o medio ambiente
Presentan unha demanda conxunta contra a empresa, unha subcontrata, o Concello de Coristanco, Augas de Galicia e as consellerías de Medio Ambiente e Industria por uns traballos de exploración que afectaron os acuíferos e deixaron sen auga 77 casas.
Galicia, de loito
Decrétanse sete días de loito en toda Galicia e suspéndense actos oficiais, politicos e festivos. Centos de galegos amosaron a súa solidariedade coas vítimas en varias cidades e vilas galegas. Este venres ao mediodía gardaranse cinco minutos de silencio en todos os Concellos.
Galicia, unha das tres únicas autonomías onde aumenta o paro
O número de desempregados incrementouse nun 0,26% no segundo trimestre, ao tempo que baixa en 225.200 persoas e nun 3,6% no conxunto do Estado, baixando da cota dos seis millóns.
A excesiva velocidade ao tomar a curva, causa do accidente
O tren circulaba a máis de 180 quilómetros por hora, cando non debería superar os 80. A liña non emprega o sistema ERTMS, que impide que un tren rebase a velocidade máxima establecida. Usaba o ASFA, un sistema automático que a través de balizas detén o tren se o condutor non respecta o que indican os sinais pero que non se activa en función da velocidade excesiva.
A campaña 'Salvemos a música e a noite' denuncia o 21% de IVE
Lembran que 4.500 discotecas, salas de concertos e locais de lecer pecharon en España desde o inicio da crise.
Suspendidos todos os actos do 25
A Xunta decreta sete dias de loito oficial en Galicia. Institucións e forzas politicas anunciaron de contado a suspensión de todos os actos e celebracións previstas, incluidas todas as manifestacións, ofrendas e o Festigal. O propio Concello suspendeu as festas de Santiago, comezando polo espectáculo de luces da Catedral.
Ducias de mortos ao descarrilar un tren en Compostela
Ás 20.40 un tren Alvia que cubría a ruta entre Madrid e Ferrol descarrilou a tres quilómetros de chegar a Santiago. O número de falecidos xa é de 80 e hai máis dun cento de feridos. A causa do accidente pode ser a excesiva velocidade do convoi e o maquinista recoñece que ía a 190 km/h. Suspendidos todos os actos e celebracións previstos para o 25 de xullo.