Media ducia de empresas emiten o 54% dos gases de invernadoiro galegos
Tres empresas enerxéticas (ENDESA, Gas Natural Fenosa e Repsol), unha cementeira (Cosmos) e dúas químicas e de transformación de metais (Alcoa e Ferroatlántica) lanzaron á atmosfera 63 dos 118 millóns de toneladas emitidas desde o noso país entre 2007 e 2011.
Un milleiro de voces piden a saída de Ence e Elnosa da ría de Pontevedra
A marcha, convocada pola Plataforma 2018, rematou cun comunicado lido polo escritor Carlos Solla no que se esixiu que estas dúas empresas contaminantes non reciban máis prórrogas para o seu actual emprazamento en Lourizán
Milleiros de persoas maniféstanse en Galicia contra a troica e os recortes
As marchas, convocadas polo Cumio Social e entidades coma CC.OO. e UGT, reuniron ao redor de seis mil persoas na Coruña, catro mil en Ferrol ou Vigo e varios centos en Compostela, Lugo, Burela, Ourense, Pontevedra ou Vilagarcía, que denunciaron os ataques aos servizos sociais.
Unha definitiva proposición –para fuxir das cavernas-
Praza Pública
A lea entre Repsol e Pemex pon aínda en máis risco os floteis para Galicia
A petroleira mexicana condiciona a construción dos buques no país a varios cambios na empresa española, mentres Feijóo segue a prometer a carga de traballo en Navantia e Barreras e Rajoy di non estar preocupado.
Un sistema antikamikazes para autoestradas, primeiro premio de Galiciencia
Tamén foron recoñecidos outros dous proxectos: unha cadeira intelixente, e un perfume ecolóxico elaborado con plantas da zona. Alumnos do IES Xoán Montes e do Centro Educativo Galén, de Lugo, e do IES Julio Prieto Nespereira de Ourense fixéronse cos galardóns nas tres categorías por idades.
Francia tamén recorre a sentenza do Prestige
Recorrerá ante a Xustiza española para "que se recoñeza a existencia dunha infracción penal de atentado contra o medio ambiente en razón dos actos cometidos polo capitán". A Fiscalía tamén confirma a presentación dun recurso.
A Xunta tamén recorrerá a sentenza do Prestige
Feijóo anuncia que o Goberno galego decidiu presentar o seu propio recurso de casación en lugar de adherirse ao do Estado. O presidente asegura que os gastos provocados pola contaminación deben ser "abonados por alguén".
Madrid volve sementar (máis) dúbidas sobre os floteis de Pemex
O ministro de Industria asegura que o acordo entre a Xunta e a petroleira mexicana tan só inclúe a construción dun dos dous buques hotel que o Goberno galego prometera para Galicia pero rectifica pouco despois para aclarar que todo foi unha equivocación.
Nunca Máis recorre a sentenza e sairá á rúa once anos despois da gran marcha do Prestige
A plataforma presentará recurso de casación ante o Supremo coa intención de chegar aos tribunais europeos e convoca manifestacións en todas as cidades para o vindeiro 1 de decembro.
O alcalde de Lalín recupera a idea dunha incineradora na comarca
A suba en máis dun 30% do prezo que Sogama cobra por tratar os residuos devolve o proxecto ao debate político. Dende a oposición o BNG aposta por unha planta de reciclaxe e compostaxe, e cualifica de "canto ao sol" a proposta de José Crespo
A poxa de Novagalicia: da "claudicación" á presión social para deter a venda
A apertura do proceso acentúa as diferenzas entre a oposición e a dereita mentres a patronal xa non exixe manter o centro de decisión en Galicia e o BNG ameaza con impulsar "unha retirada masiva de fondos" para "dificultar o negocio" dos grandes bancos interesados.