A Universidade Rural de Barreiros achégase aos cen alumnos nas súas primeiras semanas
O Colectivo Cultural Ollomao, que organiza as clases, destaca o "éxito" da acollida entre a poboación de toda a Mariña. As sementes que comezaron no mes de outubro continuarán impartíndose nos dous vindeiros meses.
Os comuneiros din non ao macrocentro comercial no monte Cabral de Vigo
A consulta rexeita a negociación co grupo investidor Eurofund para crear un centro de compras e ocio nos terreos de Liñeiriños. A negativa foi apoiada por 344 votos, fronte aos 297 veciños que aceptaban o proxecto.
As anpas únense para pedir que a Xunta asuma os servizos sociais dos centros
Varias asociacións de pais e nais galegas únense na "pelexa" contra a Lomce e os recortes no ensino e reclaman que a Administración se faga cargo dos comedores escolares e as actividades organizadas por eles.
A drenaxe ácida, a grave e descoñecida consecuencia da mina de Corcoesto
Este proceso é un dos problemas máis serios asociados ás actividades mineiras como a que se prevé en Bergantiños ao poder contaminar con augas ácidas os ecosistemas e matar moitos organismos.
O BNG mantén "a porta aberta" a Anova pero sen EU e mentres ultima acordo con ERC e Bildu
Vence reitera que o Bloque non se presentará ás eleccións europeas "baixo o paraugas dunha forza estatal" e negocia con Esquerra, a esquerda abertzale, Compromís e PSM para unha "macrocoalición" soberanista.
"A batalla contra o copago terá a rúa como eixo fundamental"
Máis de dez mobilizacións en toda Galicia rexeitan no país o copago farmacéutico imposto polo Goberno central por "supor o traspaso dunha liña vermella". A Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública alerta de que "o copago mata" e insiste en que intensificará as protestas.
'Gústame o galego' e Kalandraka: cando a lingua galega é o premio
A iniciativa da Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua e a editorial especializada no público infantil, galardoados co premio Xoán Manuel Pintos 2013 polo seu labor de impulso ao idioma propio
A Xunta reitera que volverá subvencionar os centros segregadores
A LOMCE incorpora, cos votos de PP e UPN, unha disposición pola que os colexios que separan o alumnado por razón de sexo e aos que lles foron retiradas as axudas públicas serán compensados. Núñez Feijoo afirmou este xoves que o conselleiro de Educación debería presentar unha proposta neste senso.
Humor en galego, de curta en curta
A Facultade de Xornalismo da USC acolle este xoves a gala final da terceira edición de Somos a curta!, certame audiovisual de humor certame organizado pola Comisión de Normalización Lingüística en colaboración coa Liga Estudantil Galega.
A banda sonora do barrio que agroma de 'esculturas' de cartón
Unha exposición que mestura cancións, palabras e patrimonio sonoro culmina na Coruña o proxecto 'Música en Branco', que durante meses recolleu a memoria musical dun dos barrios máis populares da cidade.
Feijóo dá 'portazo' aos alcaldes contra o copago farmacéutico
Os alcaldes de San Sadurniño, Allariz, Riotorto e Ribadeo acoden á Xunta para reunirse co presidente e solicitarlle que non aplique este repago tras a solicitude feita por carta. Presidencia negoulles a entrada e xa advirten de que volverán cada semana ata que se revogue a norma.
Crece a preocupación nos traballadores de Sargadelos polo futuro da empresa
O Grupo Sargadelos anunciou "medidas contundentes" e unha "importante reestruturación de persoal", mentres que os traballadores denuncian a falta de información coa que contan sobre o plan de viabilidade aprobado polo consello de administración.