A perda do contrato dos gaseiros volve colocar Navantia ante o abismo
A empresa estatal asegura que segue "a traballar" para contruír os gaseiros de Repsol e Gas Natural que os armadores xa confirmaron que se realizarían en Asia. Este novo golpe, unido ao dos floteis ou o dique flotante, prevé endurecer a resposta dos traballadores.
"É posíbel sermos parte dunha ruína anterior que xoga como representación dun sistema en crise"
Esta fin de semana entregouse en Fene o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. O gañador, Francisco Cortegoso, atópase nestes momentos na India, e enviou un discurso que foi lido por Gonzalo Hermo
Fracaso das concentracións antiabortistas, mentres Gallardón di que a reforma é "inminente"
Os actos convocados por Marcha por la Vida esta fin de semana na Coruña, Vigo, Lugo e Ferrol non superaron a decena de asistentes en cada localidade. O ministro de Xustiza afirmou este luns que a nova lei restritiva se presentará antes de final de ano.
O desaloxo de Elisabeth podería producirse a finais de novembro
Stop Desafiuzamentos denuncia que as únicas alternativas que o Concello da Coruña lles ofrece ás persoas na mesma situación de Elisabeth Sanlés, ameazadas de lanzamento e sen recursos, é "a beneficencia" e as casas de acollida, onde sería separada dos seus fillos.
A rebelión contra o copago farmacéutico bótase á rúa
Centos de persoas secundan a manifestación da Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade e advirten de que os recortes nos servizos públicos de saúde poden chegar a "matar".
A folga do lixo máis próxima dá froitos para o persoal
Os traballadores e traballadoras de Albada rematan a súa protesta na planta de tratamento de lixo de Nostián tras 108 días de mobilización e despois de conseguir un novo convenio e a readmisión das persoas que foran despedidas
Trinta e nove proxectos para celebrar a música galega
Os Premios Galegos da Música fan pública a lista de nomeados e nomeadas da súa primeira edición e reivindican o sector musical como "estratéxico" dentro da cultura
Cando a austeridade non é excusa
Alumnado e nais e pais de Ponteareas levan semanas de mobilización para esixir prazas de comedor. O conflito chegou este xoves ao Parlamento, pero a Xunta bota balóns fóra.
"A absolución penal da xestión do Prestige non diminúe o cuestionamento das decisións tomadas"
Xuíces para a Democracia deita luz sobre o ditame xudicia, aclara que "nada podía decidir a nivel político", que a ausencia de responsabilidade penal non debería evitar "a asunción de responsabilidades políticas" e pregúntase "se os poderes do Estado aprenderon das ensinanzas" da marea negra.
Feijóo admite "decepción" pola sentenza pero defende a López-Sors
O presidente da Xunta estuda se recorrer o ditame xudicial porque "a Galicia interésalle quen paga". Outros colectivos meditan acudir ao Supremo, algo que xa confirmou unha asociación ecoloxista.
As autoestradas buscan automatizar as peaxes malia os seus millonarios beneficios
A concesionaria dos treitos Vigo-Baiona e A Coruña-Carballo ofrece descontos nas peaxes automáticas. UGT ve nesta e noutras medidas un intento de desfacerse do seu persoal e reducir custes.
David Fernández deixará o seu escano
Anunciarao nunha rolda de prensa e a súa renuncia levará á entrada na cámara de Carmen Iglesias Sueiro, candidata de EU, que ocupará o grupo mixto, deixando AGE con oito deputados.