O Culturgal "da corresponsabilidade" medra en música e cinema
A feira galega das industrias culturais arrinca o vindeiro día 29 en Pontevedra con máis espazos e unha chamada á implicación do público
Un impulso para a continuidade do traballo de Preescolar na Casa
A Fundación TIC da Deputación de Lugo asinou un convenio de colaboración coa Asociación socio-educativa Antonio Gandoy, que nace co fin de preservar o legado de Gandoy, fundador de Preescolar na Casa.
Os datos esvaecen o diferencial positivo de Galicia no paro, que sobe en 7.500 persoas
O desemprego aumenta un 2,87% con respecto a setembro, máis dun punto máis que no Estado, e increméntase tamén en máis de 400 persoas desde hai un ano, malia o descenso interanual en España, o primeiro desde maio de 2007.
Internet como dereito humano, universal, libre e sen espionaxe, tamén en Galicia
Espazo Ecosocialista presenta un documento-declaración sobre Dereitos humanos e principios no ámbito dixital e en internet, que pide desenvolver unha lexislación galega que "lonxe da inseguridade xurídica da actual, forneza un marco xusto para todos"
Sen citas de Xinecoloxía na Terra Chá ata 2015
O Sindicato Labrego Galego denuncia que as axendas xinecolóxicas están pechadas en Vilalba para todo 2014. O Sergas négao.
Educación incrementa as súas achegas extraordinarias para os centros concertados
As axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo son un 37% superiores a 2011. A CIG denuncia que se trata dunha "subvención extra, por riba do propio concerto que teñen establecidos estes centros" e considérao unha "provocación"
Pontevedra manifestarase contra os intentos de consolidación de Ence-Elnosa en Lourizán
A Plataforma 2018 convoca unha marcha o vindeiro 23 de novembro denunciando a prórroga concedida pola Xunta a Elnosa, que non abandonará o actual emprazamento en 2014, como estaba previsto.
“Que a xente de Cabral tome conciencia de que isto é un ben que podemos perder para nunca recuperar"
Preséntase un vídeo que analiza a traxectoria e os argumentos da oposición ao proxecto de macrocentro comercial de Porto Cabral. Comuneiros e expertos denuncian que a Xunta Reitora de esa comunidade "probablemente cegada por intereses económicos" actúa "contra o seu propio monte"
Home Movie Day: Para filmes, mellor os da casa
Esta semana o pub Atlántico de Compostela acolle o Home Movie Day, unha iniciativa internacional para proxectar en público películas caseiras, gabada por John Waters, Steve Martin, Ken Burns ou Martin Scorsese.
Rosalía, poeta en Nova York
En conmemoración do 150 aniversario de Cantares Gallegos terá lugar en Nova York este martes unha homenaxe a Rosalía de Castro e á emigración galega que cantou. O acto está organizado polo Colectivo Celso Emilio Ferreiro na centenaria Spanish Benevolent Society
Unha semana para a ciencia, e en galego
Este luns, 4 de novembro, celébrase o Día da Ciencia en Galego, dedicado ao arquitecto Richard Buckminster, á enfermeira Florence Nightingale e a Isaac Díaz Pardo. Será o comezo dunha semana de actividades en toda Galicia
Screenly: Que peli queres ver no cine?
A plataforma, que esta semana se presentou no no In Edit Fast Forward de Barcelona, fomenta a proxección baixo demanda de filmes en salas, poñendo en contacto público e películas. Créase un evento, promociónase, e cando se chega a un número mínimo de espectadores, lévase a cabo.