Centos de persoas camiñaron contra o proxecto de Porto Cabral
Unha andaina convocada polos colectivos contrarios aos proxecto da multinacional Eurofund reclamou que a decisiva votación que os comuneiros realizarán o vindeiro domingo 26 se realice en urna para evitar coaccións e manipulación.
A débeda ilexítima, a debate
A Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débeda organiza este sábado 25 en Compostela un encontro no que participarán Marta Rodríguez, Carlos Taibo ou o colectivo portugués Democracia e dívida, ademais de entidades en loita no ensino, vivenda, saúde, afectadas pola banca, medio rural e feministas.
A Xunta presume de "uso correcto" dos fondos europeos ante embaixadores da UE
Unha vintena de embaixadores europeos visitan Galicia durante dous días para, segundo o Goberno galego, "analizar a correcta utilización dos fondos europeos que fixo Galicia". O encontro inclúe unha visita á Cidade da Cultura.
'Esplendor Arcano', de Ramiro Torres
Esplendor Arcano, de Ramiro Torres, é o primeiro livro tanto do Grupo Surrealista Galego como do seu autor. Dividido em três partes: Campos de visão, Casa do despertar e Terra da iminência,
Alonso Montero censura os recortes e pídelle a Feijóo que "apoie a cultura"
A RAG celebra o seu plenario extraordinario co gallo do Día das Letras reivindicando o legado de "insobornable compromiso" de Vidal Bolaño co galego e co seu presidente censurando o mercado do que "todos somos vítimas".
O Valedor encarga á USC que comprobe a posible contaminación da mina de Corcoesto
O alto comisionado encarga unha peritaxe a investigadores da USC logo de que a Xunta negase a incidencia no Anllóns da que alertaba o CSIC e tras tramitar 16 queixas sobre a explotación mineira.
Nunca máis escuridade
Praza PúblicaA defensa do galego volve encher as rúas de Compostela
Milleiros de persoas ateigan a capital galega reivindicando a lingua propia e censurando a política lingüística da Xunta. Galería de imaxes e vídeos no interior.
"Os plans de Renfe empeorarán a mobilidade e a calidade de vida"
A Plataforma pola Mobilidade Sostible da Coruña denuncia o "desmantelamento progresivo" da rede ferroviaria, o que imposibilita a posta por un medio eficaz e respectuoso co medio ambiente nunha comarca moi castigada polo elevado tráfico.
O Pedrón de Ouro recoñece a lonxeva traxectoria do grupo teatral Airiños
Premia o traballo do decano dos grupos teatrais afeccionados galegos, que cumpre 80 anos. O Pedrón de Honra recae na musicóloga Dorothé Schubarth.
Comezan os 'Debates na Praza' falando de "Lingua e Soberanía. Ideas para o galego nun país con decisión"
O Espazo Cultural da Nave de Vidán, en Compostela, acolle o vindeiro martes ás 20.30 un debate que reunirá Carme Hermida, Eduardo Maragoto, Goretti Sanmartín e Henrique Monteagudo. Nos vindeiros meses Praza Pública e A Nave de Vidán organizarán novos debates con este formato.
A Xunta deixa os medios en galego sen publicidade institucional neste 17 de maio
A Secretaría Xeral de Medios de Comunicación inseriu anuncios da "festa das nosas letras" en xornais, radios e sitios web que empregan o castelán os 365 dias do ano en porcentaxe superior ao 90%, pero desbotou colocalos nos medios que utilizan o idioma galego.