Chirimoias ou pan para o galego
Praza PúblicaUns 120.000 galegos viven na pobreza extrema
Un informe de Cáritas destaca que 650.000 persoas atópanse en situación de exclusión social en Galicia provocada polo "intolerable" avance do desemprego.
Os 700 millóns en axudas públicas que recibe a tauromaquia no Estado
O BNG pide á UE que retire os subsidios da PAC á tauromaquia e presenta en Bruxelas o informe que revela que as subvencións europeas ao espectáculo alcanzan os 130 millóns, que se unen aos 570 procedentes das administracións estatais.
BNG e EU culpan o PP do "fracaso" da chegada de Beijing 3 e Pemex ao porto exterior da Coruña
Segundo os nacionalistas, "evidénciase que o alcalde mentía cando declaraba que A Coruña se convertiría nun centro de enerxía estratéxico". EU considera que o motivo fundamental das decisións de Pemex e Bejing 3 é "a falta de investimento para as conexións terrestres do porto exterior"
O Parlamento aproba un plan de AGE para incorporar mozas e mozos á actividade agraria
Constitúese un grupo de traballo con medidas concretas, como a dotación de medios ás oficinas de actividades agrarias, a creación de liñas prácticas en explotacións agrarias, o potenciamento dos mercados locais e circuítos curtos de comercialización, ou que os concellos xestionen as terra do Bantegal.
A loita contra as subvencións ás touradas chega á UE
O BNG, co apoio doutros grupos, solicita á Comisión de Agricultura que retire os subsidios comunitarios á tauromaquia. A UE destina un mínimo de 130 millóns de euros á cría de touros de lidia a través da PAC.
Menos mal que nos queda Portugal
A falta de grandes festivais de música en Galicia, coas valiosas excepcións do Festival do Norte -que se celebra esta fin de semana-, PortAmérica, Noroeste Pop Rock, Reperkusión ou Sinsal, cómpre ollar para o sur do Miño. Nick Cave, My Bloody Valentine, Vampire Weekend, Two Door Cinema Club, Depeche Mode, Arctic Monkeys ou Hot Chip tocan a uns poucos quilómetros.
Unha 'merda' na Cidade da Cultura
O artista Xosé Rivera colocou unha merda da súa serie Arte e/é Merda nun dos edificios do Gaiás co obxectivo de "reivindicar o uso activo da cidade da cultura para o arte e os creativos de Galicia"
CxG e BNG reúnense na procura dunha "candidatura galega" para as europeas, "difícil pero non imposible”
Compromiso rexeita "de plano" participar na iniciativa soberanista "por non responder á realidade do pais". Bascuas considera “que nestes momentos é máis importante que nunca propoñer alternativas cribles ás políticas antisociais e centralizadoras que está a realizar o goberno de Feijóo"
"É unha bandeira galega con estrela unha ameaza para a seguridade?"
O veto aos símbolos nacionalistas de afeccionados deportivistas no estadio do Valladolid reaviva a polémica sobre unha prohibición que xa sufriron seareiros do Obradoiro e do Celta. O BNG pregunta ao Goberno central por esta "actitude prohibicionista incomprensible".
O macroxuízo pola demanda da Fiscalía sobre as preferentes será o 19 de setembro
O Ministerio Público chamará a declarar a 650 persoas, entre elas José Luis Méndez, Fernández Gayoso ou José María Castellano.
O PSdeG critica as “durísimas” restricións do PP ao Plan Ferrol
Beatriz Sestayo presentou unha batería de iniciativas para que a Xunta dinamice “dunha vez” este programa de axudas públicas. A retirada da esixencia de avais ou o urxente nomeamento do director ou directora do Plan Ferrol, entre as reclamacións da parlamentaria.