Muguruza e o 'Sarri Sarri' puxeron a bailar toda Bemposta
Éxito de público e ambiente no Reperkusión, que este sábado celebra o seu día central, con protagonismo para Manu Chao, que ofrecerá un concerto de máis de dúas horas. Galería de imaxes no interior.
'Fóra do continente': a historia dos superviventes da illa de Ons
Un documental recolle os relatos das cinco persoas que habitan durante todo o ano o arquipélago, a 40 minutos do continente, e no que a mediados do século XX ainda vivian 500 veciños e veciñas.
O BNG insta a Feijóo a “cumprir o seu compromiso" de sacar ENCE da ría de Pontevedra en 2018
O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e a eurodeputada Ana Miranda abriron esta mañá a xornada sobre A defensa do territorio organizada polo Bloque, a Fundación Galiza Sempre e a Alianza Libre Europea
CxG insta a dirección do PSdeG-PSOE a reprobar “o atentando á normalización lingüística" que sofre Muros
Compromiso solicita a rescisión da relación contratual do asesor xurídico "pola súa actitude autoritaria e antigalega"
Giro: tres impresións sobre a primeira semana
Xabier Rábade ofrece en Elos e Canelas algunhas pinceladas sobre as primeiras xornadas dunha Volta a Italia na que a partir deste sábado os favoritos comezarán a marcar diferenzas.
As ensinanzas artísticas superiores reclaman a súa integración na universidade galega
Profesorado e alumnado demandan que o 1 de xullo estes centros e titulacións se adscriban á universidade. Todo depende dunha decisión da Xunta que, con todo, lava as mans no asunto. Carme Adán subliña que a homologación "non supón máis custe, senón que só se necesita vontade política".
Os informes da Xunta avalan a mina de feldespatos de Xinzo
A Plataforma Veciñal Corno do Monte salienta que "a consellería de Medio Rural tiña que pechar as portas e non deixar dúbidas de que esta veiga é unha zona agrícola, non mineira" e alerta de que 210 postos de traballo están en risco
AGE pide un plan de inspección das grandes fortunas galegas
Beiras destaca "o nulo esforzo" do PP por combater a fraude fiscal. A coalición considera que as prácticas fiscais ilegais Gartler SL (sociedade patrimonial de Amancio Ortega) "non son unha excepción"
Críticas ao permiso concedido pola Xunta a Edgewater para buscar ouro en dúas parroquias de Coristanco
Salvemos Cabana alerta de que as prospeccións en 600 hectáreas das parroquias coristanquesas de Cereo e Valenza podería ter "graves consecuencias" sobre a produción "da que está considerada como a mellor pataca de Galicia".
Relánzase a Asociación para a Defensa de Usuarios de Caixas de Aforro
ADUCAB naceu hai quince anos en Vigo por iniciativa de Miguel Quinteiro Nuñez. Relánzase este luns en Ourense para continuar o traballo iniciado pola Plataforma Pola Banca Pública, na que está integrada Asemblea Aberta Ourense - 15M
A comunidade educativa entende o adiamento da Lei Wert como un éxito da folga
Sindicatos de profesorado e asociacións de pais e nais celebran a decisión do Goberno de non aprobar a LOMCE este venres, como estaba previsto, e cren que en parte se debe á mobilizacións nas rúas. Permanecen atentos aos movementos do Executivo, que quere aprobar a lei en xullo
"Parece que a música de denuncia social ten que ser dun xénero determinado, pero non é así"
Fermin Muguruza abre este venres o Reperkusión’13, en Bemposta, no que o sábado o protagonismo será para Manu Chao. O músico vasco destaca que na crise "moita xente decatouse dalgunhas cousas e moitos dos que nos poñían unha etiqueta de comprometidos tiveron que darnos a razón".