Revenidas celebra o seu décimo aniversario co seu cartel "máis potente"
Fermín Muguruza, Os Diplomáticos ou Zënzar actuarán no festival popular de Vilaxoán, que incrementa nun día a súa oferta.
Todo no mar é peixe
A Asociación de Buques de Pesca no Gran Sol lanza a campaña para potenciar a comercialización e o consumo de especies descartadas. A web www.idescartes.com inclúe ducias de receitas de langostillas, granadeiro ou arete.
O incumprimento do contrato podería provocar a supresión das touradas na Coruña
BNG e Galicia Mellor Sen Touradas piden a rescisión do acordo coa empresa organizadora por incumprir as condicións ao non presentar o cartel da feira taurina nos prazos fixados.
"Cómpre unha alianza entre cidadáns e profesionais para frear a contrarreforma sanitaria"
Este xoves preséntase en Compostela La contrarreforma sanitaria, unha obra colectiva que analiza os procesos de privatización sanitaria en marcha en España. Falamos con Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública e autor dun dos capítulos do libro.
I+D+i: falla o investimento, non o rendemento
Na última década, o sistema español de I+D+i duplicou a cantidade de produción científica, a súa calidade e o grao de transferencia tecnolóxica. Estes datos cuestionan o discurso oficial de que España produce "moita ciencia pero de escasa calidade" e non mellorou a transferencia de coñecemento.
Novas protestas contra a base de drones na Terra Chá
Unha nova manifestación amosa o seu rexeitamento á posibilidade de que o aeródromo de Rozas se converta en base de avións espías para a OTAN.
O naval sae á rúa en Vigo en defensa do sector
Dúas marchas de traballadores conflúen no centro da cidade nunha xornada de folga xeral na que os sindicatos xa falan dun paro total.
Os populares forzan a retirada das mencións a Ferrol no informe sobre a contaminación das rías galegas
Liberais e Verdes/ALE presentan un informe alternativo como resposta ao que Ana Miranda (BNG) cualifica de "informe descafeinado" que ten "como máxima aspiración contentar as autoridades e aos deputados do PP". AGE denuncia o intento do PP de agochar as irregularidades de Reganosa.
A defensa do tren únese nunha plataforma na comarca da Coruña
Colectivos políticos, sociais, sindicais e veciñais constitúen unha plataforma "en defensa dun tren público e social" que apoia xa a manifestación que este xoves convocan os traballadores de Renfe e Adif.
CxG insta a BNG e Anova a "colocar por riba os intereses de país" nas europeas
Bascuas coida que o Bloque ten "outras prioridades" que non pasan por unha candidatura galega e reclámalle á formación que lidera Beiras a aclarar se aposta por "unha coalición onde o centro de gravidade sexa Madrid"
O recorte imposto por Wert nas bolsas achega o perigo de "elitización" das universidades
Todos os colectivos presentes no Consello Escolar do Estado rexeitaron o martes a proposta do Ministerio que reduce a contía das axudas ao estudo e endurece os requisitos para acadalas. En Galicia estudantes e mestres alertan do perigo de elitización das universidades.
NSG esixe que a dirección do PSdeG non faga nomeamentos ata despois do Congreso
O portavoz nacional de Novo Socialismo Galego, Iván Puentes, diríxese por carta a Pachi Vázquez para reclamar a paralización da renovación do escano no Senado e do resto de designacións pendentes