O naval vigués vai á folga xeral para reclamar solucións á crise do sector
Traballadores dos estaleiros privados, ameazados pola resolución do 'tax lease', están chamados este xoves a un paro convocado por CCOO, UGT, CIG, ELA e CAT en toda a industria do Estado.
"Hai unha elevadísima destrución de emprego no Sergas"
CIG-Saúde convoca este xoves unha concentración de persoal desempregado do Servizo Galego de Saúde. A responsable do sindicato, María Xosé Abuín, denuncia a perdas de milleiros de prazas de profesionais, entre a non reposición de xubilacións, o peche de camas, a eliminacións de substitucións e a fin do Plan de Mellora da Atención Primaria.
O PP rexeita no Congreso as demandas da 'Carta da Ciencia'
O PSOE presentou unha moción que recollía integramente o decálogo de medidas propostas pola comunidade científica e investigadora. O socialistas acusan o PP, que votou en contra, de "desprezar, maltratar e humillar" a ciencia.
"O que non van contar na TV sobre o xuízo a catro independentistas"
Galiza Contrainfo publica unha videorreportaxe sobre o proceso que xulgará este 24 e 25 de xuño a Eduardo Vigo, Roberto Rodrigues Antom Santos e Maria Osório por presunta pertenza a unha organización terrorista. No vídeo interveñen familiares dalgún deles e representantes de Esculca ou Ceivar.
A Eurocámara insta os estados a fomentar as linguas minoritarias en preescolar
Aproba por unanimidade un informe no que se insta á protección dos idiomas en perigo de desaparición logo de que o Consello de Europa reclamara á Xunta unha maior promoción do galego en idades temperás.
Primeira xuntanza do BNG e os partidos da ALE para elaborar unha candidatura para as Europeas
Á reunión celebrada en Madrid acudiron representantes de ERC, BNG, EA, Aralar, Bloc Nacionalista Valenciá, Chunta Aragonesista, Nueva Canarias, PSM-Entesa Nacionalista e Partido Andalucista.
O STEG denuncia que o Ministerio reduce a contías das bolsas e endurece os requisitos para acadalas
O sindicato presentou unha proposta de ditame alternativo no Consello Escolar do Estado para rexeitar a proposta do Goberno. A contía fixa das bolsas pasaría de 3.500 a 1.500 euros.
Besteiro propón "sancións" para dirixentes do PSdeG que incumpran o seu programa
O aspirante á secretaría xeral do PSdeG aposta por "Executivas máis operativas e formadas por menos persoas" para facilitar o funcionamento do partido e o contacto coa cidadanía
21 bandas participan no concurso de grupos noveis do Revenidas
As votacións realizaranse a través do Facebook, dende este martes até final de mes. As tres formacións máis votadas pasarán a unha final na que un xurado escollerá a gañadora, que actuará no festival de Vilaxoán, que se celebrará os vindeiros 18, 19 e 20 de xullo.
A ilustración galega, a debate
Marina Seoane, David Pintor, José Domingo e Yago García participarán este sábado 22 en Compostela nun faladoiro dirixido por Manuel Cráneo e organizado pola AGPI para "definir estratexias para combater a crise que golpea o sector".
'De Volta para Loureda' recibiu o Premio Vidal Bolaño
O acto de entrega tivo lugar na Facultade de Filosofía da USC e nel interviron Francisco Fernández Rei, Anxo Angueira, Maria do Cebreiro, Belén Quintáns, Roi Vidal, Xosé A. Laxe Martiñán, Xosé Luis Méndez Ferrín, Charo Lopes, Leo i Arremecaghona ou Rafael Martínez Castro.
Máis de 2.000 veciños alegan contra a ampliación da mina de Corcoesto
As alegacións contra o novo permiso de investigación piden que varias parroquias sexan declaradas áreas de especial protección no plan mineiro da Xunta e reclaman ao Goberno que paralice a DIA pola intención de facer de Cabana o centro de tratamento de mineral de toda Galicia.