O ecoloxismo galego pide á Cámara que prohíba o cianuro na minería
Varios colectivos rexistran no Parlamento dúas iniciativas para incorporar na lexislación galega a proposta da Eurocámara e que evitaría proxectos como o de Corcoesto.
A Fegamp rebélase ante o PP e rexeita "frontalmente" a reforma local
A federación, controlada por alcaldes populares, rexeita a iniciativa do Goberno central e sitúase do lado dos alcaldes críticos, cos que comparte "o fondo" das súas reivindicacións.
Vigo ensaia o préstamo de libros electrónicos
A pasada semana botou a andar eBookVigo, que permite acceder de balde durante 21 días a un catálogo de ducias de obras. Unha iniciativa do Concello de Vigo a través da Biblioteca Xosé Neira Vilas do Calvario.
Os libreiros denuncian que os colexios concertados venden ilegalmente libros de texto
A Federación de Libreiros de Galicia presentou unha denuncia ante a Dirección Xeral de Comercio polo "intrusismo" de medio cento de centros de ensino, que poden ingresar medio millón de euros anuais por esta vía, declarada ilegal polo Tribunal Supremo.
O curso escolar comeza entre críticas aos recortes e á falta de medios
Comunidade educativa, sindicatos e familias denuncian os recortes no profesorado ou nas bolsas, o peche de unidades e o encarecemento dos gastos escolares, mentres a Xunta fala de "total normalidade".
A guerra na era das redes sociais
Guerra e tecnoloxía sempre foron unidas pero nunca até agora Internet e as redes sociais tiveran tanto peso en conflitos armados.
O xuíz imputa cinco cargos de Adif polo accidente de Angrois
Un novo auto solicita ao ente ferroviario que facilite as identidades de todos os presidentes e responsábeis de Adif desde a posta en servizo da liña ferroviaria para proceder á súa imputación.
Unicornibot: disco, vídeo e xira europea
A banda pontevedresa homenaxea o Liceo mutante e estrea o vídeo do primeiro single do seu novo álbum, Mambotron, que presentarán en directo en dúas ducias de concertos por toda España, e mais Francia, Holanda e Bélxica.
A Xunta desecou ilegalmente a lagoa da Frouxeira
O Goberno galego confírmalle a Adega a través do Valedor do Pobo que as intervencións neste espazo natural de Valdoviño se realizaron sen o necesario plano de conservación. A asociación ecoloxista levará o caso á Fiscalía ambiental do TSXG.
Piden que Apple incorpore o galego como opción de idioma
A multinacional dirixida por Tim Cook presenta este martes unha serie de novidades, entre as que destacan novos modelos de iPhone, un deles de menor custe. Vén de crearse unha petición online para que incoropore a posibilidade de empregar o galego nos seus sistemas operativos.
O Valedor e a Xunta ven Internet cheo de "perigos"
O Valedor e a Consellería de Traballo e Benestar publican un tebeo titulado Os perigos de internet para alertar das "ameazas" que poden atopar os adolescentes na rede. Editáronse 30 mil exemplares.
120 investigadores discuten na Toxa os resultados do acelerador de partículas do CERN
Nas sesións de traballo participan científicos de Europa, América e Asia, baixo a coordinación do proxecto Starting Grant concedido ao investigador da USC Carlos Salgado.