Os investigadores preparan a mobilización do 14X: “A nosa situación é desesperada"
A compostelá praza do Obradoiro acollerá este venres ao mediodía o acto central en Galicia da convocatoria Salvemos a investigación, con concentracións en toda España. Falamos con Andrés Pérez, voceiro de Precarios-Galicia.
"Se non nos unimos non poderemos parar o desastre na sanidade pública”
SOS Sanidade Pública destaca que nas últimas semanas as críticas á política sanitaria do PP multiplicáronse: Vigo, Lugo, Monforte, A Mariña, Ourense, O Salnés... Forzas da oposición, sindicatos, profesionais e pacientes denuncian un deterioro do servizo e o PSdeG-PSOE vén de sinalar o "fracaso sanitario" de Feijoo.
Ferrolterra paralízase e sae masivamente á rúa nunha folga xeral histórica
Milleiros de persoas maniféstanse nun paro histórico que detivo a actividade da comarca e que exixe solucións á crise económica e a situación de "emerxencia social" na zona. Vídeo e galería de imaxes no interior.
Un 14 de xuño para "salvar a investigación"
Mobilizacións en toda España protestarán este venres polos recortes en I+D+i, nas bolsas e nos contratos para investigadores. En Compostela está convocada unha concentración na Praza do Obradoiro ás 12 horas.
"A Romaría Pop é unha demostración do bo momento da música en Galicia"
Este sábado celébrase no compostelán parque de Belvís a segunda edición dun evento que busca repetir o éxito do pasado ano: música, feira, obradoiros para nenos e gastronomía. E un cartaz encabezado por Wild Balbina, Unicornibot, Nouvelle Cuisine ou Fagot y Popota.
Nace Irmandade TV
A primeira emisión comezará ás 21:30 co programa O Debate, conducido por Aurélio Lopes, que nesta primeira entrega analiza a quebra das caixas galegas e a estafa das preferentes.
Marcinelle en galego, Os Centauriños
Eduardo Maroño descóbrenos no blog Quadriños a obra do historietista belga Pierre Seron, do que se publicaron tres volumes en galego a través de Xerais.
"Está no seu escano decidir prorrogar a tortura como 'festa' ou avanzar canda a sociedade"
Unha campaña por Internet pide aos deputados do PP que apoien a proposta para prohibir as touradas en Galicia malia que o grupo popular non parece disposto a conceder liberdade de voto aos parlamentarios.
Os Comités denuncian a imputación de 11 estudantes polas protestas na USC
Están acusados dun suposto delicto de desordes públicas, danos e lesións, tras unha denuncia dun membro do corpo de seguridade privada. Os feitos tiveron lugar o pasado 14 de marzo, nunhas protestas que provocaron a suspensión, da sesión ordinaria do Consello de Goberno da Universidade.
Os afectados polas preferentes sufrirán finalmente unha quita media do 57%
O FROB anuncia un desconto adicional do 13,8% para os posuidores destes produtos de Novagalicia, que poderían perder ata o 65% do seu valor inicial.
A MNG pide recuperar a renda básica de emancipación
O referente xuvenil de Compromiso por Galicia pide facilitar o réxime en alugueiro a través dun parque de vivendas a prezos asequibles en función da renda destinado a menores de 30 anos, así como unha partida económica para recuperar a renda básica de emancipación.
Piden que o galego teña sección propia na Modern Language Association
Case trescentas sinaturas de profesores universitarios, alumnos e tamén reitores e decanos de centros de todo o planeta apoian esta demanda, canalizada a través da lista de correo González-Millán Galician Studies