O PSOE de Muros intenta lexitimar cunha moción as actitudes contra o galego no Concello
Intenta defender, co apoio do PP, a actitude do asesor xurídico, que foi denunciado por poñer trabas ao uso do galego. O grupo socialista presenta unha moción contraria á regulación do uso da lingua propia na administración local.
Case trinta iniciativas pola defensa dos animais no Parlamento galego
O Espazo Parlamentar pola Defensa dos Animais, que xunta deputados de PSdeG, AGE e BNG, aumenta a súa actividade e céntrase agora no maltrato aos cabalos e no "entramado taurino".
Corcoesto podería ser o destino de residuos tóxicos de toda Galicia, segundo 'Salvemos Cabana'
A plataforma amosa a súa "profunda preocupación" polo plan mineiro da Xunta, que pode multiplicar por dez o volume de refugallos xerados na mina. Só en Corcoesto a Declaración de Impacto Ambiental prevé o emprego de 546.000 quilos anuais de cianuro de sodio.
CxG inicia a campaña “Están seguros os nosos cartos?”
A formación realizará actos en Vigo, este martes, en Ferrol o vindeiro día 29 e en Ponteareas o 4 de maio, para informar sobre a crise bancaria, os aforros e os produtos financeiros.
As reclamacións dos afectados galegos polas preferentes chegan á Eurocámara
A Coordinadora de Plataformas de Afectados de Galicia intervén ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, ao que pedirá que demande da UE, o Estado e a Xunta a devolución da totalidade dos seus aforros.
Velaluz: Cando as asociacións contra a violencia de xénero son as imputadas
Unha concentración, apoiada polo BNG, ante a Audiencia Provincial da Coruña protesta contra a imputación deste colectivo de axuda a mulleres por "revelación de segredo". Ve-la Luz vén denunciando dende o ano 2011 as anomalías dos puntos de encontro familiar, recoñecidas polo Valedor do Pobo e a propia Xunta.
Día do libro: a crise dentro da crise
En 2011 editáronse en Galicia 28,88% menos títulos, a edición en galego caeu un 16% e os datos de 2012 amosan o mantemento da caída. Os editores galegos reclaman unha serie de medidas para reverter a situación, nunha xornada inzada de actividades ao redor da lectura.
#NeThinking volve converter San Simón en centro de debate sobre a rede
Agustín Fernández Mallo, Yoani Sánchez, Javier Pedreira “Wicho”, Mario Tascón, Antonio Delgado ou Eduardo Arcos participarán o 26 e o 27 de abril no #NeThinking2013, a terceira edición destes encontros, que tamén se poderán seguir por streaming.
De Alemaña tamén vén literatura
Thomas Mann é o protagonista das Xornadas Literarias que todos os anos organizan o Concello de Neda e a Facultade de Humanidades da UDC. Haberá conferencias, coloquios e achegas musicais e cinematográficas do 24 ao 26 de abril.
A Xunta permite a exploración mineira de dúas reservas da biosfera
Outra empresa canadense que busca prata, ouro e cobre ameaza varias áreas protexidas da provincia de Lugo.
Daniel Martin leva a Liexa-Bastoña-Liexa, que pecha as clásicas de primavera
O equipo de Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza Pública, realizou unha completa cobertura das clásicas celebradas na última semana: Amstel Gold Race, Tour de Flandres e Liexa-Bastoña-Liexa. O mellor das tempada está a piques de comezar.
O STEG únese á folga xeral no ensino do 9 de maio
Para o sindicato, esta lei contempla "unha auténtica contrarreforma educativa que implantará unha educación segregadora, elitista, adoutrinadora, clasista, recentralizadora, e que ten como obxectivo un sistema educativo máis propio do franquismo que dunha sociedade moderna"