A Xunta volve recortar nas consellerías sociais para 2014
Sanidade, Traballo e Benestar e Educación contarán con 55,5 millóns de euros menos para o vindeiro ano, segundo o proxecto de Orzamentos entregado pola conselleira de Facenda ao Parlamento.
Novos recortes e un paso máis na estratexia recentralizadora do Goberno
O Bloque asegura que os novos axustes suporanlle a Galicia 400 millóns de euros e ve nesta medida "o último ataque" dunha estratexia recentralizadora máis ampla que inclúe a reforma local, a proposta de redución de escanos ou a desaparición do sistema financeiro galego.
E se Galicia segue o camiño catalán para abolir as touradas?
O movemento antitaurino volve amosar a súa forza, presenta no Parlamento 100.000 sinaturas contra o espectáculo e medita xa impulsar unha ILP semellante á que en Cataluña acabou por vetar as corridas de touros.
Galicia TIC deita a súa ollada sobre a potencialidade dos países emerxentes
A undécima edición deste encontro sobre nova tecnoloxías celebrarase en Compostela o vindeiro 24 de outubro coa presenza de numerosos profesionais das TIC galegas
Méndez Romeu acusa a Feijóo de "receitar só resignación e derrotismo" aos galegos
Debuta como voceiro socialista culpando o presidente "da destrución do Estado de Benestar" e ofrécelle un pacto que inclúa "un plan de emprego e o mantemento de Novagalicia como entidade financeira galega".
Jorquera: "Feijoo vive nos seus papeis, non na Galicia real"
O discurso de Jorquera tivo unha forte compoñente económica: do paro aos recortes, pasando polos repagos. E tamén fixo fincapé nas "cortinas de fume" coas que, ao seu xuízo, Núñez Feijoo busca decote "ocultar a realidade"
A Xunta bota abaixo a mina de Corcoesto
Rexeita o proxecto de vez pola súa insolvencia financeira, pero non polos riscos medioambientais, logo de que a multinacional non reunise o 25% dos fondos propios sobre o investimento.
A sanidade, unha materia máis que pendente para Feijóo
A Xunta transita entre a submisión aos copagos implantados polo Goberno central e a dura crítica aos recortes, á falta de medios e á privatización por parte de sindicatos e profesionais do Sergas.
"É unha débeda ilexítima, unha débeda que nós non xeramos e polo tanto non temos que pagar"
Do 8 ao 15 de outubro celébrase a Semana de Acción Global contra a Débeda, que en Galicia concentra as súas actividades na Coruña, Ourense e Ribadeo. Falamos con Roberto Laxe, voceiro da Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda. Audio no interior.
Aínda é posible atopar gasolina barata en Galicia?
A Xunta decidiu o incremento do imposto sobre hidrocarburos, o que suporá un aumento de 3,6 céntimos no gasóleo e de 2,4 céntimos na gasolina. O Goberno galego busca financiar deste xeito o gasto sanitario, ao tempo que se pon en marcha o copagamento dos medicamentos hospitalarios. En Noia, Outeiro de Rei, Tui ou Ferrol atopamos os carburantes máis baratos.
Galiza Ano Cero: xa está aquí a televisión feita "dende abaixo, á esquerda"
O proxecto bota a andar ao completo coa emisión da entrevista ao sociólogo Emmanuel Rodríguez, autor do libro Hipótesis Democracia. Quince tesis para una revolución anunciada. Este xoves poderase ver o debate Parlamentos. Para que?
Os votos do PP impiden a titulación universitaria da escola de Restauración de Pontevedra
O BNG reclamoulle no Parlamento á Xunta facer uso das súas competencias e adscribir á Universidade os estudos da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais