Screenly: Que peli queres ver no cine?
A plataforma, que esta semana se presentou no no In Edit Fast Forward de Barcelona, fomenta a proxección baixo demanda de filmes en salas, poñendo en contacto público e películas. Créase un evento, promociónase, e cando se chega a un número mínimo de espectadores, lévase a cabo.
Falece Carmen Arias 'Mimina', viúva de Díaz Pardo e impulsora de Sargadelos
Finou a pasada noite, no Castro, aos 92 anos de idade. O seu traballo foi fundamental para botar a andar a Fábrica de Cerámica do Castro e o proxecto de Sargadelos.
Stop Desafiuzamentos critica que Red Madre tire proveito da loita contra os desaloxos
Denuncian que estes grupos "aprovéitanse da xente en situacións de extrema vulnerabilidade para facer negocio da miseria e funcionar como altofalante das ideas máis rancias da dereita cavernaria"
Un premio para os ultramarinos de toda a vida
A Dirección Xeral de Comercio recoñece a traxectoria de 'Casa Juanita' e 'Aceiteiro', dúas tendas de Melide abertas en 1910
Os ríos de Monforte serán limpados, despois de máis dun ano de demandas por parte do Concello
A Confederación Hidrográfica Miño Sil cumprirá coa súa obriga de acondicionar o río Cabe e os regatos da vila. O rexedor, Severino Rodríguez, celebra a decisión, pero lembra que o organizasmo debería ter actuado de oficio e non agardar a ser reclamado polo Goberno municipal.
A USC só creará catro prazas docentes este ano e seis o que vén
Esta decena de postos cubrirán o índice de reposición do 10 por cento imposto polo Goberno central. As persoas que afectadas pola anulación do concurso de titularidade e os Starting Grant terán prioridade.
O "engano" de Feijóo desaparece dunha pregunta do BNG
Jorquera quéixase á presidenta da Cámara de que a orde do día do pleno non reflicta a redacción rexistrada polo Bloque para a pregunta ao presidente da Xunta sobre o anuncio da baixada do IRPF.
Lanzan Edu-AREA, unha web para fornecer de recursos e ferramentas 2.0 para o ensino
É unha iniciativa da RedeTELGalicia, formada polos grupos de investigación interesados na aplicación das TIC na educación. A ferramenta pon o foco na innovación docente, para axudar os mestres a preparar as clases.
Cristian Fojón e Xulia Vicente Jiménez, premiados nas Xornadas BD de Ourense
Uxía Larrosa Villanueva obtivo o segundo premio e Breixo Mosquera Freire, na categoría de menores de 17 anos, e Giovanna Lopalco e José Nuno Fraga, na de menores de 35 anos, recibiron mencións especiais nunha entrega de galardóns que pechou tres semanas de actividades ao redor do cómic
O TSXG obriga a Xunta a pagar parte da paga extra que lle recortou ao persoal laboral
O alto tribunal forza o Goberno a abonar os cartos correspondentes ao período de entre o 1 e o 14 de xullo tras unha demanda dos sindicatos da función pública.
Rosalía, con todos os sentidos
O Teatro Principal de Compostela acolle o vindeiro 1 de novembro o espectáculo A miña primeira Rosalía, baseado no libro-disco editado por Xerais. Mini, Mero, María Manuela e Xiana Lastra interpretarán doce poemas musicados, con "algunha colaboración sorpresa". Audios no interior.
As cinzas do Pindo cobren o banco marisqueiro da Berberecheira
As mariscadoras da confraría comezaron a retirar cos seus propios medios o "chapapote de monte", para evitar que a cinza deixe sen osíxeno toda a produción marisqueira. Monte Pindo Parque Natural denuncia que a Xunta volve negarse a axudar os veciños afectados.