Ferrolterra volve clamar por unha solución para o naval
Medio cento de delegados sindicais manterán un peche ata o martes no palacio municipal tras unha gran manifestación para exixir carga de traballo nos estaleiros e que se xuntou coas reivindicacións de Nunca Máis.
Galicia berra Nunca Máis e segue en pé contra a impunidade
Milleiros de persoas ateigan as rúas das oito localidades onde se celebraron manifestacións contra unha sentenza "deliberdamente inxusta". Galería de imaxes e vídeo no interior.
A marea de Nunca Máis volve á rúa contra a sentenza do Prestige
Oito manifestacións sacan este domingo a rúa a cidadanía indignada co ditame sobre a catástrofe medioambiental xusto once anos despois da gran manifestación contra a xestión do sinistro. "Galicia xógase unha batalla nacional sobre a súa existencia como país", lembra Suso de Toro.
Vixilia masiva en Ferrol en resposta á crise e ao desemprego
Unhas 5.000 persoas concéntranse no centro da cidade exixindo solucións para a desesperada situación da comarca e da súa contorna.
A Xunta apraza seis meses a suba do canon de Sogama pero prevé aumentalo máis en 2015
A presión dos alcaldes facilita que o impacto da suba sobre as contas municipais se reduza á metade, pero a taxa volverá ser revisada, e seguramente incrementada, en 2015.
Tres empresas concentran o 60% das axudas da Xunta aos medios
Catro grupos de comunicación levan o 73% dos únicos subsidios para a prensa que a Xunta distribúe en réxime de concorrencia. Na relación de pagamentos non figura ningún medio editado en galego.
Feijóo e o PP rebélanse agora contra Navantia, que volve darlles 'portazo'
A empresa estatal non garante carga de traballo para a ría de Ferrol tras a protesta do alcalde de Ferrol e outros cargos públicos populares da zona de Ferrolterra, que din que se unirán aos sindicatos "con intensidade" nas mobilizacións.
Unha árbore de Nadal que vale por tres
O proxecto Nadal Verde permite o aluguer de exemplares naturais para decorar a casa coa garantía de que, por cada unha delas, serán plantadas dúas autóctonas.
O PP lugués négase a ampliar o BIC de Sargadelos
Os conservadores opóñense na Deputación de Lugo a unha emenda socialista para estender a protección como Ben de Interese Cultural á cadea de produción e á galería da factoría cerámica en Cervo e rexeitan pedir explicacións sobre o uso dos fondos da Xunta investidos na empresa
Denuncian que o acordo pesqueiro UE-Marrocos esquece o pobo saharauí
A UE ultima a aprobación dun acordo que substituirá o que estivo vixente até 2011, anulado polo seu carácter ilegal, pois incluía augas do Sáhara Occidental e a ONU rexeita a explotación de recursos naturais dun territorio non autónomo. Entidades como Verdegaia piden que se bloquee o acordo.
A Xunta ordena paralizar o proxecto civil para recuperar o Monte Pindo
O Goberno galego ameaza con sancións aos impulsores dunha iniciativa solidaria para traballar no bosque arrasado polo lume e creada ante o "desleixo" das administracións.
A educación: dereito ou mercadoría?
Mariló Candedo coordina a obra colectiva na que unha decena de autores reflexionan e ofrecen "datos e argumentos" fronte ao "desmantelamento do servizo público de educación". Ofrecémosvos un adianto do primeiro capítulo e outro máis íntegro para descargardes.