O BNG de Silleda denuncia "bicefalia institucional" no concello
Os nacionalistas critican que a anterior alcaldesa, Paula Fernández, que deixou o seu cargo para converterse en senadora, segue realizando labores de rexedora "no propio despacho e entre o persoal municipal". O Bloque cre que "esta interinidade nin é boa para a institución, nin para os silledenses"
O PSdeG esixe o cese de dous edís de Vilalba por beneficiar as súas empresas dende o Concello
Os socialistas formalizarán a petición de destitución de José Mª García Leira e Julio Vázquez Otero no pleno deste xoves. Acúsanos de "uso do poder en beneficio persoal” para empresas coas que están relacionados.
Atopan o primeiro texto científico realizado polo astrónomo Ramón María Aller, datado en 1907
O manuscrito inédito, de 40 páxinas e datado en 1907, analiza o paso de Mercurio por diante do Sol en Lalín, e convértese no texto máis antigo atribuído ao investigador galego.
"Cada vez máis xente comprende que o AVE non é a solución"
A Plataforma en Defensa do Tren convoca este mércores ás 19.30 unha concentración na estación da Coruña para presentar o manifesto Por un tren público e seguro. Denuncian que a segmentación de Renfe e os plans de liberalización unidos aos recortes poden provocar unha merma da seguridade no ferrocarril.
En Positivo destaca que os candidatos á Secretaría Xeral do PSdeG asumiron as súas "propostas de renovación"
Os membros da plataforma reuníronse con José Ramón López Besteiro e Manel Vázquez e realizan un balance moi favorable das xuntanzas.
Nace 'Oink!', a revista do Xabarín Club
A publicación, que será mensual e sairá á rúa o 26 de agosto, presentarase en Viñetas desde o Atlántico o día 10. Colaboran Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno, Marilar Aleixandre, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas e Pinto & Chinto
Espanha pretende tirar partido da catástrofe de Angrois
Praza Pública
BNG e AGE reclaman a apertura de comisións de investigación sobre o accidente
As dúas formacións rexeitan que se convirta o maquinista en "chibo expiatorio" e piden que se afonde nas "causas" do accidente. O PSOE demanda a comparecencia no Congreso da ministra Ana Pastor e dos responsables de Renfe e Adif.
Dous afectados polas subordinadas de NGB gañan o xuízo contra a entidade
O Xulgado de Primeira Instancia nº 4 da Coruña insta o banco á devolución íntegra dos cartos e ao pagamento custas procesuais. O fallo desestima a excepción de caducidade alegada por NGB.
Nova Esquerda Galega reclama a formación "xa" dunha fronte ampla
A formación alerta de que calquera atraso ou negativa para formar esta ampla coalición de esquerdas "sexa interpretada por gran parte da cidadanía de esquerda como un acto de covardía ou, peor aínda, como un acto de complicidade co neoliberalismo"
A Deputación de Lugo implícase na oposición á minaría salvaxe nos Ancares
O Órgano Reitor da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses aprobou por unanimidade unha proposta do Sindicato Labrego para emitir un informe sobre o impacto negativo dos proxectos mineiros de Goldquest Ibérica e presentar alegacións.
Denuncian 14 días de espera para ir ao médico de cabeceira
CIG-Saúde alerta de que a non contratación de substitutos reproduce en toda Galicia este tipo de situacións, como a que denuncian en Carballo, e que obriga moitos pacientes a acudir a urxencias.