Mohammad Assaf, de 'Arab Idol' a líder palestino
Palestina non só precisa quen a goberne e a guíe, senón tamén quen lle poida dar alegrías, éxitos e vida. Mohammad Assaf, un estudante de Gaza que traballa como cantante en vodas, conseguiu ser abandeirado do seu pobo ao gañar o programa de televisión árabe Arab Idol.
Crece a presión para que España investigue os crimes do franquismo
Amnistía Internacional, a Asociación Española para o Dereito Internacional ou a Plataforma pola Comisión da Verdade, integrada por máis de cincuenta asociacións, piden a investigación dos crimes da Guerra Civil e o franquismo
A Unesco, esperanza para salvar o xacemento arqueoloxico ameazado pola autovía Lugo-Santiago
Catro asociacións lucenses diríxense ao organismo para salvar a integridade do conxunto de Coeses-
A loita das familias que parou o peche de escolas unitarias
A mobilización dos pais forza a Xunta a dar marcha atrás e confirmar a continuidade dos centros de Covas e Agrón.
O BNG demanda no Congreso a destitución do delegado do Goberno
O Bloque formaliza a petición cunha proposición non de lei na que insta o Goberno a destituír a Samuel Juárez pola súa "incompetencia demostrada e as súas manifestacións antidemocráticas e calumnias" contra outras formacións políticas.
Por un San Xoán festivo na cidade da Coruña
Esquerda Unida reclama ao Concello unha consulta vinculante para que os coruñeses decidan se a festa debe ser día inhábil e o BNG pedirá no vindeiro pleno que sexa festa local "permanente".
A praza do Obradoiro, ateigada de indignación contra a quita ás preferentes
Os afectados advirten de que poden controlar ata o 30% de Novagalicia e censuran o "cinismo extremo" de Gayoso e Méndez na comisión de investigación das caixas.
A Xunta defende a continuidade de Meteogalicia
O conselleiro Agustín Hernández lembra que a axencia de meteoroloxía "xa realizou un axuste importante" ante as intencións do Goberno central de eliminala, aínda que louva a reforma ideada por Rajoy por seguir o camiño do Executivo galego.
Díaz Castro, o poeta dun só libro que removeu as conciencias galegas
O autor de 'Nimbos' será o homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2014.
A reforma do Goberno central suprimiría o Valedor, o Consello de Contas ou Meteogalicia
O Executivo non pode obrigar as autonomías a eliminar os entes, pero intentará presionalas ante a delicada situación financeira de moitas delas. A decisión final recaerá na Xunta.
Unha organización antitaurina internacional pide ao Parlamento que vete as touradas en Galicia
Cas-Internacional reclama aos deputados que voten a favor da proposta do BNG que solicita a abolición deste espectáculo no país.
Revenidas celebra o seu décimo aniversario co seu cartel "máis potente"
Fermín Muguruza, Os Diplomáticos ou Zënzar actuarán no festival popular de Vilaxoán, que incrementa nun día a súa oferta.