A Fiscalía, contra a suspensión da entrada na cadea de Carlos e Serafín
O Ministerio Fiscal recorre a decisión do xulgado de suspender o cumprimento da sentenza executoria. CIG, CCOO e UGT convocan nova manifestación e ven na decisión unha "estratexia do Goberno" para "condenar os movementos sociais".
O lume do Pindo saca á luz restos que "agrandan o seu patrimonio arqueolóxico"
O lume que arrasou o pasado verán o Olimpo Celta saca a luz algunhas formacións líticas descubertas pola precaria situación na que quedou o monte. "Quedou tan pelado que se poden observer espazos case inaccesíbeis antigamente".
Denuncian unha agresión homófoba en Ponteareas
A denuncia foi realizada pola Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (Aleas-EU)
Lois Patiño gaña o premio ao mellor filme do Play-Doc con 'Costa da Morte'
O xurado destaca a coidada estética da obra e o valor do documental para a zona que retrata. Outro galego, Diego Romero, recibe unha mención especial pola fotografía de 'Stop the Pounding Heart'.
A suposta recuperación que non chega aos fogares
A Xunta destaca a mellora no indicador de confianza e nas perspectivas económicas das familias galegas, pero obvia os datos que indican que se mantén o número de casas que chegan con dificultades a fin de mes ou que aumentan as que teñen previsto cambiar hábitos para aforrar.
Un mes cultural en Silleda para axudar ao pobo saharauí
Monólogos e concertos durante este abril nos que se recadarán fondos para que 300 nenos do Sáhara pasen as súas vacacións en Galicia.
"Quen necesita un código ético é o PP"
A CIG censura que Feijóo "apunte" o persoal público como "culpable da corrupción" e Besteiro advirte de que o anunciado polo presidente non achega nada que non estea recollido na Lei de Transparencia de 2006.
A troika obriga a manter o ERE en Novagalicia
A entidade acláralles aos sindicatos que Bruxelas non permite modificar o axuste previsto, pero "minimizará o impacto". O banco reducirá soldos e xornada para facer menos despedimentos. Os preferentistas piden ao FROB que "desbloquee" a solución que lle ofrece NCG.
A Xunta deixou sen executar o 40% das axudas sociais de emerxencia en 2013
AGE denuncia que o Goberno galego mantén unha actitude “cruel, mediocre e arrogante” ante o incremento da pobreza en Galicia. Juan Fajardo denuncia que dende que unha persoa solicita a RISGA até que recibe algún ingreso poden pasar máis de seis meses.
O sistema galego contra afundimentos busca apoios para implantalo xa no mar
O Kafloat, que evita ou atrasa o afundimento dos barcos e que foi avalado por Fomento e a Xunta, procura socios que o permitan entrar no mercado e xeneralizar un método que "podería ter minimizado numerosas desgrazas que golpean a pesca galega".
Ana Miranda ve nas críticas ao pacto con Bildu "unha escusa" para non falar de corrupción
A candidata do BNG ás eleccións europeas comprende o "euroescepticismo" da cidadanía pero advirte que a alta abstención "beneficiaría os intereses dos grandes lobbys financeiros".
Catro de cada dez parados galegos non cobran prestación ningunha
O paro rexistrado en Galicia descende en 3.608 persoas en marzo e sitúase en máis de 276.000 persoas, das que preto de 130.000 non teñen ningún tipo de cobertura, que só abrangue o 58,7% dos desempregados.