Máis dun cento de producións compiten no Festival Audiovisual Olloboi 2014
Un total de 116 fitas amateurs participan nesta mostra que, promovida pola Asociación Marearte, busca crear canteira entre escolares e non profesionais. A votación para o premio do público pecharase o próximo 9 de maio
"Hai quen pensa que as novas medran en Google e que os xornalistas non comemos"
David Reinero recolle o premio Xosé Aurelio Carracedo polo seu libro Angrois: o AVE en anacos, coeditado por Praza Pública. O xurado valorou a visión "ampla, crítica e obxectiva" sobre o accidente no relato xornalístico.
A convivencia non se impón, constrúese
A día de hoxe, pensar unha sociedade sen violencia é imaxinar utopías. A esperanza nunha educación que mellore esta perspectiva obriga a repensar os centros educativos. Con esta perspectiva vén de celebrarse en Santiago o II Encontro de Centros para unha Convivencia Positiva.
É primavera, imos de feira!
O barrio compostelán de San Pedro celebra unha nova edición da súa Feira da Primavera, un evento nacido para dinamizar o comercio da zona que agora aglutina un amplo programa de actividades e serve de escaparate para o tecido asociativo da cidade.
O alcalde de Monforte, multado con 300 euros por protestar contra Sogama
Severino Rodríguez foi sancionado como representante do colectivo de alcaldes que o pasado 11 de marzo se concentrou ante o Parlamento. El e outros rexedores críticos coa suba do 34% nas taxas pola xestión do lixo comezan a devolverlle a Sogama as primeiras facturas
O desemprego centra as marchas do 1º de maio
Vigo, onde se manifestaron milleiros de persoas, acolleu as mobilizacións centrais de CC.OO. e UGT, da CIG, e da CUT. Os malos datos da EPA do primeiro trimestre centran os discursos, que esixen máis postos de traballo e de mellor calidade, e máis "investimento público".
José Bové apoia en Vigo a candidatura de Ana Miranda para as europeas
O líder agrarista, candidato do Grupo Verdes/ALE á presidencia da Comisión Europea, participou na manifestación central da CIG neste 1º de maio. Salientou o traballo realizado por Miranda no Parlamento europeo, onde defendeu "unha visión global a partir da experiencia propia, nacional"
Os reitores das tres universidades esixen a fin dos recortes
Un comunicado conxunto da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) demada o remate das “medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo” vixentes dende 2012, "especialmente dolorosas e dificilmente xustificables polo seu mínimo impacto económico”.
O 22M 'ocupa' oficinas de emprego pedindo "pan, teito e traballo digno"
As Marchas da Dignidade galegas concéntrase en sedes da antiga INEM en Compostela, Vigo e A Coruña. "Parado que non loita, ninguén o escoita", aseguran.
A incompleta información sobre o aluminio do Monte Neme
Salvemos Cabana denuncia os "insuficientes" datos achegados pola Xunta e reclama os resultados das analíticas feitas na antiga mina, logo de que a Administración lle confirmase a toxicidade das augas de cando menos unha das balsas.
Galicia sofre a incidencia de sinistros laborais graves máis alta do Estado
Lidera o índice de sinistros de gravidade en España e ocupa o terceiro posto en canto a sinistros mortais, segundo denuncian CCOO e UGT, que culpan destes malos datos á "austeridade, os recortes e a falta de políticas públicas".
'Poetarras', mellor webserie galega no Carballo Interplay
Os galegos Luís Zahera e Xúlio Abonjo recibiron o premio a mellor actor deste primeiro festival deste formato no Estado que tamén premiou as catalás Les coses grans e Ventura time como mellor traballo en imaxe real e mellor obra de animación.