O hospital Lucus Augusti segue sen servizos entre denuncias de "malgasto" de cartos
AgrupaLugo sinala que a Xunta está desbaldindo 145.000 euros en levar a roupa do HULA para lavala na Coruña e volvela a traer a Lugo. Solicita a posta en funcionamento dos servizos de Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear no hospital
Moncho Valcarce volve ás Encrobas
A Irmandade Moncho Valcarce organiza unha homenaxe popular o vindeiro 31 de agosto no lugar de Pontoxo. Será o peche a un amplo conxunto de actos que neste 2013 lembraron o combativo crego no seu vixésimo cabodano.
Cangas non é lugar para cans
A normativa municipal prohibe o acceso dos animais ás praias durante todo o ano e impón multas de até 3.000 euros, as máis elevadas de todo o Estado. Foros e redes sociais denuncian estas medidas, inéditas en Galicia.
"As instrucións da Consellería para os centros de infantil converten a promoción do galego en papel mollado"
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística insta á Xunta a adoptar medidas pedagóxicas de reforzo positivo para a lingua propia de Galicia, e a dotar os centros de "recursos suficientes e proxectos de formación"
Solicitudes masivas de redución de potencia para contrarrestar a suba da luz
As compañias eléctricas levan días recibindo milleiros de peticións de clientes para modificar os seus contratos, que teñen moita máis potencia contratada da que realmente necesitan. Esta modificación pode supor un aforro de 300 euros anuais por fogar.
"Isto non mo debuxas na rúa"
Dentro da programación de Viñetas desde o Atlántico, a AGPI organiza este xoves o seu primeiro Combate de Debuxantes. Alberto Vázquez, Diego Blanco, Alberto Guitián, Nas!, Nómada, Luis Sendón, Ghosttthead e Xurxo G. Penalta enfrontaranse ás 21 horas en The Room, na Coruña.
Dúvidas sem resposta sobre a unidade soberanista
Praza PúblicaO BNG acusa o alcalde de Cerceda de participar nunha estafa de 200 mil euros
Solicita a convocatoria urxente dun pleno extraordinario para explicar a súa sinatura no endoso bancario dunha certificación falsa de 202.243 euros no Banco Pastor para o pagamento da obra do Museo da Minaría da vila.
O galo de Barcelos que "caeu" en Melón é xa un fenómeno viral
O vídeo que amosa o lanzamento do globo, o seu ascenso até a estratofesra, e a súa aterraxe e recuperación na aldea de Vivenza, suma xa 80 mil visionados en youtube.
A Iniciativa Galega pola Memoria pide a dimisión do alcalde de Baralla polas suas declaracións “fascistoides”
Ademais, o PSdeG esixe que Feijóo “dea a cara” e decida “se o alcalde de Baralla debe seguir nos seus cargos” e o BNG reclama do presidente da Xunta "a condena explícita dos crimes producidos pola ditadura franquista".
The Antics Roadshow: moito máis que pallasadas
Cinema na Praza analiza a segunda produción de Banksy. Desta volta fai un repaso sobre as diferentes bromas e actos de protesta que se convertiron en iconas sociais. Mais, este show ambulante das pallasadas é algo máis que unha recompilación de vídeos graciosos.
O BNG presenta unha batería de preguntas no Congreso sobre o accidente de Angrois
A formacíón demanda unha comisión de investigación transparente, plural e independente e pide información sobre a seguridade do tren Alvia Madrid-Galicia e sobre o trazado da alta velocidade no tramo en que ocorreu o sinistro.