"Coa que está a caer, Renda Básica xa"
ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social entregarán este xoves no Concello de Vigo e na Xunta as follas de denuncia que recolleron nos últimos meses esixindo unha Renda Básica. O acto de entrega será precedido dunha manifestación.
Os catro independentistas xulgados rexeitan o uso da violencia
Eduardo Vigo, Roberto Rodrigues, Antom Santos e Maria Osório negaron pertencer a Resistencia Galega e defenderon que os "procesos políticos se desenvolvan por vías democráticas" na primeira xornada do seu xuízo na Audiencia Nacional.
Sarria Libre de touradas "non parará" até a fin deste espectáculo na vila
Varios centos de persoas manifestáronse este domingo nunha "marcha civica a prol da cultura e contra a ignorancia e a tortura que representan as touradas". Esixe do Concello a retirada de calquera subvención a esta actividade, así coma a fin da cesión de espazos públicos para realizala.
San Pedro: Dez anos de festas no barrio de todas e todos
Este martes comezan as Festas do compostelán barrio de San Pedro, un exemplo de celebración popular que chega á súa décima edición e que se desenvolverá até o domingo. Máis de 150 voluntarias fan posible a organización dunhas 40 actividades.
As protestas no Brasil acalman para deseñar o seu futuro
Dilma Rousseff reúnese este luns con representantes do movemento que liderou as primeiras accións. Nas redes sociais convócanse novas mobilizacións con obxectivos diversos: en defensa dos dereitos dos homosexuais, ou do dereito ao aborto, e mesmo fanse chamamentos a unha folga xeral o 1 de xullo.
4gotas.com, outra forma de mirar o tempo que vai
O 2 de xullo botará a andar esta web realizada polos meteorólogos Carlos F. Balseiro, Pablo Carracedo, Beatriz Hervella e Eduardo Penabad.
Esculca denuncia o incremento da "presión policial" e as "restricións" de dereitos en Galicia
A entidade, Observatório para a defensa dos direitos e liberdades, salienta que "a estes excesos non é allea a dirección política das forzas policiais"
Mohammad Assaf, de 'Arab Idol' a líder palestino
Palestina non só precisa quen a goberne e a guíe, senón tamén quen lle poida dar alegrías, éxitos e vida. Mohammad Assaf, un estudante de Gaza que traballa como cantante en vodas, conseguiu ser abandeirado do seu pobo ao gañar o programa de televisión árabe Arab Idol.
Crece a presión para que España investigue os crimes do franquismo
Amnistía Internacional, a Asociación Española para o Dereito Internacional ou a Plataforma pola Comisión da Verdade, integrada por máis de cincuenta asociacións, piden a investigación dos crimes da Guerra Civil e o franquismo
A Unesco, esperanza para salvar o xacemento arqueoloxico ameazado pola autovía Lugo-Santiago
Catro asociacións lucenses diríxense ao organismo para salvar a integridade do conxunto de Coeses-
A loita das familias que parou o peche de escolas unitarias
A mobilización dos pais forza a Xunta a dar marcha atrás e confirmar a continuidade dos centros de Covas e Agrón.
O BNG demanda no Congreso a destitución do delegado do Goberno
O Bloque formaliza a petición cunha proposición non de lei na que insta o Goberno a destituír a Samuel Juárez pola súa "incompetencia demostrada e as súas manifestacións antidemocráticas e calumnias" contra outras formacións políticas.