Feijóo xustifica na abstención a caída dos populares que celebra a esquerda
O presidente da Xunta recoñece o golpe ao bipartidismo pero presume de manter vantaxe sobre os socialistas. Besteiro valora "o xiro á esquerda en Galicia", Alternativa pide "seguir xuntando voces" e o Bloque cualifica de "fantásticos" os seus resultados.
A irrupción de Podemos move os marcos nas sete cidades
O PP gaña nas sete cidades, pero con perdas moi importantes con respecto a 2009, que tamén sofre o PSdeG-PSOE. Podemos rolda o dez por cento dos apoios nas urbes e supera o BNG en todas agás Pontevedra. AGE perde apoios con respecto ás autonómicas de 2012. En conxunto, as tres forzas roldan o trinta por cento.
O PP perde máis de 200.000 votos e a esquerda é maioritaria en Galicia
PP e PSdeG caen en máis de 400.000 votos nunhas eleccións europeas nas que irrompe con forza Podemos, que se sitúa como cuarta forza política no país. A suma da esquerda supera con clara vantaxe a dereita tras un duro golpe ao bipartidismo, tanto a nivel galego coma no conxunto do Estado, onde perde cinco millóns de votos.
AGE e BNG responsabilizan o PP da "baixa participación"
Os populares celebran que o mantemento do mesmo nivel de abstención de 2009 "lexitima os resultados". O PSdeG denunciará "irregularidades" e "carretaxe de votos" ante a Xunta Electoral de Lugo
"A nossa toalha é internacional!"
"Se isto nom se amanha; toalha, toalha, toalha". Esta é unha das moitas palabras de orde do Día do Orgulho Lusista e Reintegrata (DdoOLeR), versión galega do Día Internacional da Toalla, que se celebra este 25 de maio.
Escoitámonos na noite electoral?
Praza Pública combinará a cobertura da noite electoral a través do xornal cunha emisión radiofónica con información, debate e música.
A fenda de xénero péchase nas novas tecnoloxías pero non na ciencia
O INE vén de actualizar o capitulo dedicado á ciencia e a Internet da súa publicación Mujeres y Hombres. Os homes seguen usando máis a rede, pero non se detectan diferenzas por debaixo dos 35 anos. Si se mantén a fenda no número de licenciados en ciencias e no de investigadores.
Besteiro reivindica a política social do PSOE: "Non só nos indignamos, acadamos dereitos"
O líder do PSdeG contrapón o machismo de Cañete coa política social do seu partido e Blanco anima a "censurar nas urnas" o candidato conservador.
CxG solicitará á Eurocámara un marco comunitario anticorrupción e "listas brancas"
A formación galeguista pide o voto para a “única candidatura galeguista que non ten dependencias de Madrid e que se parece á maioría dos galegos".
Educación pediralles a 3.585 familias que devolvan axudas a libros de texto
Despois de cotexar cos datos da renda, a Consellaría detectou fraude nun 7% das solicitudes concedidas no curso 2010-11, pais e nais que polo seu nivel de ingreso non tiñan dereito a esa subvención. A Xunta recuperará 336 mil euros.
Mobilizacións en toda Galicia para pedir o indulto de Ana, Tamara, Carlos e Serafín
CIG, CCOO e UGT convocan concentracións en seis cidades este xoves 22 para exixir que as catro persoas condenadas a tres anos de prisión por participar nun piquete non entren na cadea e para denunciar as "penas inxustas e abusivas" e a "represión dos gobernos do PP".
Máis electores e máis candidaturas neste 25M
Uns 2,7 millóns de persoas están chamados ás urnas en Galicia este domingo, un 2,1% máis que hai cinco anos. Os galegos poderán elixir entre 39 formacións diferentes, catro máis que nos últimos comicios europeos.