Durante o pasado ano rexistráronse en Galicia 7.602 denuncias por violencia de xénero. Trátase da cifra máis elevada da serie histórica, cun incremento do 1,3% dende o nivel do ano anterior (7.483)
Durante o pasado ano rexistráronse en Galicia 7.602 denuncias por violencia de xénero. Trátase da cifra máis elevada da serie histórica, cun incremento do 1,3% dende o nivel do ano anterior (7.483). En realidade, dende o 2012 todos os anos se está a superar o máximo histórico de denuncias, coa excepción dos anos 2020 e 2021, marcados pola pandemia de COVID.
A cifra total implica que, de media, os xulgados de violencia contra a muller reciben cada día 21 denuncias por violencia de xénero, case unha denuncia cada hora. Ademais, en 2024 rexistráronse 66 menores tutelados vítimas de violencia de xénero. Neste último dato contabilízanse aos fillos e fillas de vítimas sobre os que o maltratador exerceu violencia de forma directa.
En 2024 cinco mulleres foron asasinadas en Galicia polas súas parellas ou ex-parellas, a cifra máis alta dende as 7 de 2015. Estes feminicidios deixaron ademais 3 menores orfos e orfas. En decembro unha muller foi asasinada en Viveiro, unha morte que se sumou ás acontecidas en marzo en Ribeira, en agosto na Coruña, en outubro en Moaña e o pasado 8 de novembro en Baiona.
En 2024 cinco mulleres foron asasinadas en Galicia polas súas parellas ou ex-parellas, a cifra máis alta dende as 7 de 2015. Estes feminicidios deixaron ademais 3 menores orfos e orfas
No ano 2024 incrementáronse especialmente as vítimas de nacionalidade estranxeira (un 13,5% máis), mentres descendía o número de vítimas de nacionalidade española (-7%). As vítimas estranxeiras supuxeron case unha de cada catro, o 24% do total.
A gran maioría das denuncias, o 73,9%, foron presentadas polas propias vítimas, ben nos xulgados ou en dependencias policiais. As denuncias derivadas directamente de atestados policiais representaron o 16,4%, as orixinadas por partes de lesións, o 4,9%; as interpostas por terceiras persoas alleas ás vítimas, o 2,8%; e cifra que e as denuncias presentadas polos achegados da vítima foron unicamente o 1,8% do total.
Os xulgados galegos que asumen os casos de violencia sobre a muller concederon o ano pasado 1.183 ordes e medidas de protección e seguridade, un 8,9% menos que en 2023
Os xulgados galegos que asumen os casos de violencia sobre a muller concederon o ano pasado 1.183 ordes e medidas de protección e seguridade, un 8,9 % menos que en 2023. En total, recibiron 1.819 peticións destas medidas protectoras -un 5,7 % menos que en 2023-, das cales foron concedidas o 65%.
Mentres, os xulgados en funcións de garda incoaron 452, das que adoptaron 274, o 60%, segundo os datos estatísticos feitos públicos este luns polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX).
No ano 2024 incrementáronse especialmente as vítimas de nacionalidade estranxeira (un 13,5% máis)
Segundo os datos estatísticos do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, en 2024 descenderon en Galicia un 12,2% os casos de vítimas que se acolleron a dispensa do deber de declarar, pois optaron por esta opción 433 mulleres, fronte ás 493 que o fixeron en 2023.
O 89,5% das sentenzas ditadas polos xulgados de violencia sobre a muller entre xaneiro e decembro do ano pasado en procesos de violencia de xénero foron condenatorias, unha cifra que acadou o 78,4% nas emitidas polos xulgados do penal neste tipo de procedementos; e o 83,3% nas ditadas polas audiencias provinciais.