As peticións de transparencia como ferramenta xornalística, da man de Praza.gal no II Congreso de Xornalismo Local Primeira Liña

II Congreso de Xornalismo Local Primeira Liña © API

Galicia acolle a segunda edición dun evento iniciado hai un ano en Cádiz co apoio de Google

O Congreso de Xornalismo Local Primeira Liña, evento que comezou a celebrarse hai un ano en Cádiz e cuxa segunda edición chega a Galicia os días 26 e 27 de marzo, contará coa participación de Praza.gal. As peticións de transparencia como ferramenta xornalística será a mesa na que David Reinero, xornalista deste diario invitado pola organización, exporá as súas experiencias na materia xunto coa redactora de El País Elena Sevillano, a responsable de reclamacións do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno Esperanza Zambrano e a xornalista Katherine Pennacchio, da Asociación de Periodistas de Investigación (API), baixo a moderación de Antonio Salvador, membro da xunta directiva da mesma asociación.

Cartel do II Congreso de Xornalismo Local Primeira Liña Cartel do II Encontro pola Cultura © API

O congreso, organizado pola API e nesta segunda edición tamén por La Voz de Galicia, que o acolle nas instalacións da Fundación Santiago Rey-Fernández Latorre, en Sabón (Arteixo) conta co apoio de Google News Initiative. Tecnoloxía, investigación, modelos de negocio, transparencia ou seguridade son algunhas das áreas temáticas dos diferentes relatorios.

No referente ás peticións de transparencia, Praza.gal vén empregando esa ferramenta ante o Goberno central ou a Xunta para achegar aos seus lectores e lectoras diversas exclusivas como os numerosos danos a ríos causados polas obras do AVE saldados con multas de reducido importe, os efectos dos drons do aeródromo de Rozas sobre unha ave en perigo de extinción, os voos a Galicia en avión oficial dos ministros José Blanco e Ana Pastor ou mesmo as deficiencias do sistema de transparencia ao non ser quen a Xunta de dicir se emprega tarxetas black

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.