Nos meses seguintes ao afundimento do Prestige, recolléronse na costa galega ao redor de 90.000 toneladas de fuel mesturado con area e outros materiais, como plásticos. O traballo e empresas especializadas, de mariñeiros e de milleiros de voluntarios e voluntarias foi inxente e durante meses limpáronse praias e rochas buscando eliminar a pegada do vertido do petroleiro e acelerar a recuperación do litoral.
Mentres Sogarisa afirma que a totalidade dos refugallos foron tratados, dende as organizacións ecoloxistas denuncian que o que se fixo foi almacenar sen máis unha parte, dunhas 10.000 toneladas
Desas 90.000 toneladas, 60.000 foron almacenadas nas instalacións da Sociedade Galega de Residuos Industriais (SOGARISA), situada nas Somozas, 20.000 nas instalacións de SOGAMA en Cerdeda e outras 10.000 en diferentes puntos do país. O residuo tratado nas Somozas era unha mestura composta por un 60% de area, 20% de auga, 12% de plástico e un 8% de fuel.
Pasaron xa 20 anos dende o inicio da catástrofe do Prestige e aínda que a maior parte destes restos foron xestionados en plantas de tratamento entre 2006 e 2009, a organización ecoloxista ADEGA denuncia que 10.000 toneladas permanecen sen ser tratadas, almacenadas na planta de Sogarisa das Somozas. Trataríase do refugallo que neses anos non se atopaba nin nas Somozas nin en Cerceda, senón esparexido por outros lugares de Galicia e que chegou posteriormente ás instalacións de Sogarisa.
As razóns para este asunto pendente estiveron nos últimos anos na ausencia dunha partida orzamentaria específica para estes traballos e a propia discusión sobre quen debe financiar esta operación cun custo aproximado de 3 ou 4 millóns de euros, se a Xunta ou o Goberno central
As razóns para este asunto pendente estiveron nos últimos anos na ausencia dunha partida orzamentaria específica para estes traballos (inicialmente o Estado central achegou uns 22 millóns de euros para tratar as 80.000 primeiras toneladas) e a propia discusión sobre quen debe financiar esta operación cun custo aproximado de 3 ou 4 millóns de euros, se a Xunta ou o Goberno central.
Mentres Sogarisa afirma que a totalidade dos refugallos foron tratados, dende as organizacións ecoloxistas denuncian que o que se fixo foi almacenar sen máis unha parte, dunhas 10.000 toneladas. No ano 2020, sinala Adega, a empresa solicitou un permisos para ampliar o seu vertedoiro. Nese momento a organización ecoloxista "comprobou" que unhas 10.000 toneladas de materiais continuaban almacenados, nunha zona "impermeabilizada" baixo neopreno. Repasamos o percorrido destes restos.
90.000 toneladas de refugallo
Das 90.000 toneladas recollidas, 60.000 foron almacenadas nas Somozas, 20.000 en Cerdeda e outras 10.000 en diferentes puntos
As 90.000 toneladas de refugallos tiñan que ser tratados para separar as súas compoñentes e recuperar a maior parte posible, un labor que tería un custo de 24,5 millóns de euros, que o Goberno central se comprometeu a achegar e que finalmente quedou en algo máis de 22 millóns de euros
Dende o inicio este traballo comezou a acumular atrasos e aínda que SOGARISA prevía comezar nos primeiros meses de 2006 o tratamento de 80.000 toneladas de residuos, a operación adiouse e a finais de ano só se trataran 20.000 toneladas. De igual xeito, en Cerceda iniciouse no outono dese ano o tratamento doutras 20.000 toneladas mediante unha planta móbil.
O residuo tratado nas Somozas estaba composto por un 60% de area, 20% de auga, 12% de plástico e un 8% de fuel
Os traballos seguiron avanzando nos dous anos seguintes. En 2007 a Xunta anunciou que o tratamento doutras 60.000 toneladas en SOGARISA comezaría en xullo. Nese momento, o Goberno galego de PSdeG e BNG, argumentou como razóns do atraso "causas políticas e administrativas".
Os traballos comezaron, con atraso, en 2006. A comezos de 2009 tratáranse xa unhas 80.000 toneladas de residuos
En abril de 2008 SOGARISA tratara xa 30.000 das súas 60.000 toneladas e apuntaba ao inicio do 2009 como data de finalización dos traballos. En novembro de 2008 o total tratado nas Somozas era de 46.000 toneladas, que se unían ás 20.000 de Cerceda. Finalmente, a finais de marzo de 2009 concluíu o traballo en SOGARISA, que en total tratara 80.000 toneladas de refugallo. Quedaban, polo tanto, 10.000 toneladas pendentes.
Esa circunstancia foi denunciada publicamente a finais de 2009 por ADEGA que alertou de que aínda faltaban por tratar 10.000 toneladas. Nese momento a Xunta -gobernada xa polo PP- respondeu que o proceso non se completara por falta de fondos. Dous anos despois, xa en 2011, o Goberno galego recoñeceu, a través do daquela conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández, que continuaban sen ser tratadas as 10.000 toneladas pendentes.
En 2011 o Goberno galego recoñeceu que continuaban sen ser tratadas as 10.000 toneladas pendentes. O problema era o financiamento
Hernández detallou que se trataba dos materiais que chegaran en último lugar ás Somozas ao estar almacenados en distintos puntos de Galicia. O problema seguía ser o financiamento. Orzamentáranse 22,4 millóns de euros para tratar 80.000 toneladas, polo que non había fondos para as 10.000 toneladas restantes. Nese momento a Xunta esixía que o Estado central se fixese cargo do pagamento.
Nas súas denuncias nos anos posteriores ADEGA sinalaba que a Lei 22/2011 de residuos e solos contaminados obrigaba a tratar estes refugallos nun prazo máximo de 6 meses. A entidade lembrou hai uns días que "xa van alá 20 anos" e asegura que "seguen sen tratamento 10.000 toneladas de refugallos que fican almacenadas en balsas por SOGARISA, agardando a que o Estado e a Xunta se poñan de acordo para investir os aproximadamente 3 milóns de euros que custaría o proceso". Adega conclúe que hai 10.000 toneladas "guindadas baixo a alfombra".
Adega conclúe que hai 10.000 toneladas "guindadas baixo a alfombra", pero Sogarisa asegura que a totalidade dos restos foron tratados
SOGARISA destaca que o proceso foi quen de recuperar "areas e gravas limpas" para usos industriais e na construción, plásticos, fuel e auga. E que tamén houbo "fraccións de rexeitamentos sólidos" dos que os "non recuperables" representan unha "pequena porcentaxe". Porén ADEGA afirma que "o 91% de plásticos e fuel foi a vertedoiro".