Os coches de Uber xa circulan polas rúas das dúas cidades e poden ser contratados a través da súa app, que indica en tempo real a localización dos vehículos activos
Uber está a operar en Vigo e A Coruña dende este martes pola mañá. A empresa de transporte desembarca de vez en Galicia despois dun primeiro intento frustrado hai seis anos. Os seus coches xa circulan polas rúas das dúas cidades e poden ser contratados a través da súa app, que indica en tempo real a localización dos vehículos activos. As viaxes poden realizarse no interior da urbe e tamén en dirección ou dende concellos veciños (como Cangas, Redondela, Nigrán ou Baiona no caso vigués ou Oleiros, Cambre ou Arteixo no coruñés).
A compañía informara nas últimas horas de que os seus servizos ían estar dispoñibles dende as 11 desta mañá tamén en Pontevedra e Ferrol, pero de momento estas súas urbes non aparecen na aplicación. A Coruña e Vigo únense a outras 14 cidades do Estado no que Uber xa opera.
O desembarco da multinacional en Vigo e A Coruña abre novas frontes de conflito co sector do taxi nas dúas cidades, que as compañías de VTC cumpran coa normativa e non ofrezan servizos urbanos sen contrato previo
O desembarco da multinacional en Vigo e A Coruña abre novas frontes de conflito co sector do taxi nas dúas cidades, que hai anos protagonizaron mobilizacións para oporse á "competencia desleal" que ao seu xuízo constituían estas novas empresas que non contaban con autorización para realizar a súa actividade. Este martes pola tarde están convocadas xuntanzas e asembleas entre os taxistas vigueses para analizar a nova situación.
O sector del taxi esixe que que as compañías de VTC (na Coruña opera tamén Cabify) cumpran coa normativa e non ofrezan servizos urbanos sen contrato previo, é dicir, que se limiten a ofrecer viaxes contratadas con bastante antelación e non poidan agardar nas rúas a que potenciais clientes soliciten un servizo de forma inmediata.
O conflito tamén se pode abrir cos respectivos gobernos municipais, pois corresponde aos concellos conceder autorización para que estes vehículos poidan operar
O conflito tamén se pode abrir cos respectivos gobernos municipais, pois corresponde aos concellos conceder autorización para que estes vehículos poidan operar. En Vigo, cando menos, este permiso non foi concedido, o que espertou as críticas do goberno local. "Aquí hai taxis e funcionan marabillosamente ben. Eu non boto en falta nada porque cos taxis nos vai fantasticamente ben", declarou publicamente Abel Caballero o mes pasado cando foi preguntado pola posibilidade de que Uber desembarcase na cidade.
A ordenanza municipal de mobilidade na cidade olívica non permite que compañías como Uber poidan operar. Na Coruña a nova ordenanza de mobilidade, presentada hai unhas semanas e que aínda debe pasar polo pleno, si abre a porta á actividade de empresas como Uber, pero en todo caso deben contar cunha autorización municipal.
Neste momento hai algo máis de 600 licencias VTC en Galicia
Neste momento hai algo máis de 600 licencias VTC en Galicia, algo máis do dobre que hai seis anos. En contraposición, existen unhas 3.500 licenzas de taxi.