Na última década a cidade da Coruña deu pasos adiante para a eliminación das honras e simboloxía franquista na cidade, especialmente durante o Goberno local da Marea Atlántica. Así, despareceron do rueiro nomes como División Azul, Alférez Provisional, Salvador y Merino, Pepín Rivero, Arcadio Vilela Gárate, General Sanjurjo, Avenida dos Caídos ou Teniente General Gómez Zamalloa, aplicando o acordo municipal que dende setembro de 2009 obrigaba á eliminación de 52 símbolos franquistas da cidade, entre eles o nome de 23 rúas. Tamén foi retirada, por exemplo, a estatua de Millán Astray.
Entre as propostas de eliminación aparecen 30 nomes de rúas, 21 retratos, 28 distincións honoríficas e 44 monumentos, placas e escudos
Porén, son aínda numerosos os símbolos e elementos materiais que continúan a honrar a persoeiros destacados da ditadura, como denuncia un informe presentado esta semana por Manuel Monge (autor do libro Os restos do franquismo en Galiza) na Asociación Cultural Alexandre Bóveda. O documento, que detalla un total de 141 elementos coa xustificación da súa necesaria eliminación, será entregado á alcaldesa Inés Rey e a todos os grupos políticos municipais.
Ademais, o informe recolle máis de 40 propostas de actuación para o próximo goberno municipal despois das eleccións do 28 de maio
Entre as propostas de eliminación aparecen 30 nomes de rúas, 21 retratos, 28 distincións honoríficas (Fillos
Adoptivos e Predilectos, Medallas, Alcaldes Honorarios...), monumentos, placas e escudos (44), así coma simboloxía franquista en dependencias do Ministerio de Defensa (14) ou en centros de ensino (4).
Ademais, o informe recolle máis de 40 propostas de actuación para o próximo goberno municipal despois das eleccións do 28 de maio, agrupadas en catro apartados: eliminación da simboloxía franquista; homenaxe e atención ás vítimas do franquismo; lugares da memoria democrática; a memoria democrática no ensino; colaboración con asociacións e institucións.
Monge denunciou que "o goberno municipal da Coruña non cumpriu a Lei de Memoria Histórica de 2007 nin cumpre a Lei de Memoria Democrática de 2022", criticando "falta de vontade política"
Na presentación, Monge denunciou que "o goberno municipal da Coruña non cumpriu a Lei de Memoria Histórica de 2007 nin cumpre a Lei de Memoria Democrática de outubro de 2022", criticando unha "falta de vontade política" que, di," chega ao extremo de que non atende nin a petición unánime da corporación municipal de O Barco de Valdeorras, alcaldía socialista (nunha moción aprobada por PSOE, PP e BNG) para que o concello da Coruña retire a rúa e o retrato de Sergio Peñamaría de Llano, que protagonizou nesa comarca unha actuación represiva".
Proponse a eliminación dos nomes da Avenida Primo de Rivera, a rúa Diego Delicado, a rúa Cabo Ponte Anido ou a praza José Toubes
Entre os nomes de rúas ou espazos públicos que o informe considera que se deberían eliminar están a Avenida Calvo Sotelo e o peirao do mesmo nome, a Avenida Primo de Rivera, a rúa Diego Delicado (presidente da Deputación da Coruña entre 1950 e 1961), a rúa Cabo Ponte Anido (falanxista e participante na División Azul), a praza José Toubes (un crego do que se sinala que colaborou na represión franquista), a rúa Disciplina (anteriormente denominada Liberdade) e as denominacións que homenaxean os alcaldes escollidos durante a ditadura, coma a praza Pintor Sotomayor, a rúa Pérez-Ardá, a rúa Jaime Hervada, a avenida Alfonso Molina ou a devandita rúa Sergio Peñamaría de Llano.
Tamén se pide a supresión sas denominacións que homenaxean os alcaldes escollidos durante a ditadura, coma a praza Pintor Sotomayor, a rúa Pérez-Ardá, a rúa Jaime Hervada, a avenida Alfonso Molina ou a rúa Sergio Peñamaría de Llano
Tamén se sinala a necesidade de rematar coas honras que recibe Barrié de La Maza, que, "financiou o exército de Franco" e "participou no roubo do Pazo de Meirás e da Casa Cornide da Coruña para proveito persoal da familia Franco".
O informe inclúe a proposta de retirada de 21 retratos expostos en dependencias municipais, entre eles os do ditador Miguel Primo de Rivera, o seu ministro José Calvo Sotelo e os militares golpistas Severiano Martínez Anido e Mario Muslera y Planes. Igualmente, solicítase a eliminación de 28 mencións honoríficas que horan a militares golpistas e ministros e altos cargos da ditadura.
Moción rexeitada en Ferrol
No pleno municipal de Ferrol, celebrado este xoves, debatéronse de xeito conxunto dúas mocións, presentadas por Ferrol en Común e BNG para a eliminación da simboloxía franquista da cidade
No pleno municipal do Concello de Ferrol, celebrado este xoves, debatéronse de xeito conxunto dúas mocións, presentadas por Ferrol en Común e BNG para a eliminación da simboloxía franquista da cidade, que contaban co apoio do colectivo de presos e presas políticas da ditadura. As mocións foron rexeitadas cos votos a favor de Ferrol en Común e BNG, a abstención do PSOE e o voto en contra do PP.
O colectivo de presos e presas denuncia que en Ferrol existen aínda 45 elementos de honra e homenaxe á ditadura, que inclúen 16 placas, estatuas, escudos, a catro rúas ou a unha vintena de honras e distincións a militares e políticos do Franquismo.