-
Galicia solidarízase coas vítimas da colisión de dous trens de alta velocidade en Toledo
Galicia lembra a ferida do accidente ferroviario de Angrois e, como xa fixo no caso de Adamuz, volve volcar a súa solidariedade coas vítimas do terrible accidente que tivo lugar na mañá deste mércores á altura de Toledo, cos seus familiares e persoas do seu círculo afectivo. Seguir lendo
-
As vítimas mortais confirmadas son xa 64
A Junta de Castela-A Mancha actualiza o balance provisional de vítimas mortais do accidente ferroviario e sitúaa xa en 64. As persoas feridas roldan as 80, segundo as mesmas fontes, en torno a medio cento de maior gravidade.
-
O presidente da Plataforma lamenta que tras accidentes como o de Santiago ou o de Adamuz "non se aprende porque non hai consecuencias políticas". Seguir lendo
-
Minuto de silencio ás 20:00 ante os concellos
A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) convida a secundar un minuto de silencio "en memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario" na provincia de Toledo, este serán ás 20h. Diversos concellos galegos, caso da Coruña e Santiago, ratificaron a súa adhesión con convocatorias de seu canda a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
Ao tempo, as principais forzas políticas ratifican a cancelación de todas as súas actividades para esta xornada coa única excepción de Vox, que mantén a axenda preelectoral.
-
Page confirma trinta mortes e advirte: "Damos por feito de que haberá máis"
O presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page, ratifica a cifra oficial de trinta falecementos confirmados, vinte e catro persoas que viaxaban no AVE e seis no tren de Iryo, aínda que dá "por feito que haberá máis". Estímanse ademais, agrega, nunhas 50 as persoas feridas graves.
-
Cancelada toda a axenda institucional da Xunta para este mércores por mor do accidente ferroviario de Toledo. O presidente, Alfonso Rueda, transmite o pésame polos falecementos e pon "á disposición" os medios do Goberno galego "para todo no que poidamos axudar".
-
As imaxes aéreas do accidente divulgadas pola Garda Civil amosan como a colisión atinxiu directamente a cando menos tres coches da composición do AVE e catro da do tren de Iryo.
-
O Goberno de Castela-A Mancha apunta a unha trintena de persoas falecidas
Renfe fai pública a primeira versión oficial do acontecido confirmando o accidente "entre Los Yébenes e Urda" entre "un tren AVE e outro de Iryo". Ao tempo, o Goberno de Castela-A Mancha apunta xa a cando menos unha trintena de persoas falecidas no sinistro, do que a Garda Civil vén de divulgar as primeiras imaxes tomadas dende un dos seus helicópteros.
-
As primeiras informacións confirmadas apuntan a que os trens implicados no accidente son un AVE de Renfe que se dirixía de Madrid a Sevilla e outro da compañía privada Iryo que se atopaba detido nas vías no punto quilométrico 118 á altura da localidade toledana de Urda por razóns que aínda se descoñecen.
Fontes gobernamentais citadas pola Cadena SER apuntan a que o tren de Renfe recibiu unha orde de continuar co seu traxecto malia haber nas vías un semáforo en vermello, o que provocou que o AVE batese coa parte traseira do Iryo que estaba detido. O impacto provocou que dous vagóns do tren Iryo caesen por un terraplén.
-
Renfe habilita o teléfono 𝟵𝟬𝟬 𝟭𝟬 𝟭𝟬 𝟮𝟬 para persoas afectadas polo accidente ferroviario de Toledo e as súas familias. A empresa pública prega que "para calquera outra xestión ou petición de información se evite chamar a este número".
-
PP, PSdeG e BNG cancelan todos os actos políticos que tiñan previstos para este mércores en solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Toledo.
-
O Goberno de España cancela toda a súa axenda para este mércores mentres diversas fontes apuntan a cando menos 10 vítimas mortais. Pedro Sánchez apunta a un "grave" accidente.
-
Accidente ferroviario mortal en Toledo: colisión entre trens de alta velocidade de Renfe e Iryo na localidade de Urda apenas dez meses despois da traxedia de Adamuz. Arestora os servizos de emerxencia comezan a intervir na zona, con cando menos dous vagóns precipitados por un terraplén, segundo as primeiras informacións, que apuntan a varias persoas falecidas e abondosas feridas.
- Acontece Ao vivo
Traxedia ferroviaria en Toledo
Hemeroteca
-
Vítimas de Angrois ven "un insulto á intelixencia que se volva poñer o foco nun posible erro humano"
-
Galicia solidarízase coas vítimas da colisión de dous trens de alta velocidade en Toledo
-
Traxedia ferroviaria en Andalucía no peor accidente da alta velocidade dende o de Angrois
-
"Adamuz é froito dun Estado que tras Angrois mirou a outro lado", di a Plataforma do Alvia no aniversario
-
Outro accidente na alta velocidade: as recomendacións por Angrois tardaron dez anos en implantarse