A investigación dun alumno da Uvigo sobre a transmisión da COVID en interiores recomenda unha separación de máis de 1,5 metros

A análise levouse a cabo na sala de exames do edifico do Campus Auga, no campus de Ourense © Uvigo

Un dos aspectos da Covid-19 sobre o que a medida que avanzaba a pandemia fomos coñecendo con máis exactitude foi o das súas vías de transmisión. Mentres que nas primeiras semanas se consideraba moi importante a transmisión por superficies, pouco despois soubemos que esta vía de transmisión era case inexistente. E, pola contra, foi gañando en importancia a transmisión por aerosois, pingas que se manterían durante minutos ou horas suspendidos no aire nos espazos pechados nos que non haxa unha boa ventilación.

Nas conclusións do seu traballo, este alumno destaca que “a distancia interpersoal debería ter sido maior dos 1,5 metros empregados como medida de prevención durante a pandemia”

Dende entón foron moitos os experimentos que buscaron concretar as catacterísticas desta transmisión, co obxectivo de atopar as mellores fórmulas para incrementar a seguridade nos espazos pechados. Unha desas investigacións foi a realizada por un alumno da Universidade de Vigo, Moisés del Puerto, hoxe xa egresado da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Uvigo. No seu traballo fin de grao e baixo a dirección da profesora Elena Martín Ortega e do profesor Iván Area, Moisés del Puerto analizou a propagación destes aerosois na sala de exames do edifico do Campus Auga, no campus de Ourense.

O investigador destaca que as partículas pequenas con diámetro menor que 10 μm poden permanecer no aire durante longos períodos de tempo © Uvigo

As partículas pequenas con diámetro menor que 10 μm "poden permanecer no aire durante longos períodos de tempo" e "as gotas maiores con diámetro igual ou maior que 40 μm tenden a caer antes pero poden viaxar máis de dous metros"

Nas conclusións do seu traballo, este alumno destaca que “a distancia interpersoal debería ter sido maior dos 1,5 metros empregados como medida de prevención durante a pandemia”. Subliña, así mesmo, que as partículas pequenas con diámetro menor que 10 μm "poden permanecer no aire durante longos períodos de tempo e que case poden ser aproximadas polas liñas de fluxo”. E que, ademais, "as gotas maiores con diámetro igual ou maior que 40 μm tenden a caer antes pero vense moi afectadas pola velocidade do fluído, no noso caso facéndoas viaxar máis de dous metros", o que faría recomendable deixar como mínimo esa distancia de dous metros entre persoas en espazos interiores.

Tanto o autor como os codirectores do traballo concordan en que “convén continuar nesta liña de estudo para, por exemplo, ter en conta a maior transmisibilidade das novas variantes”.

Tanto o autor como os codirectores do traballo concordan en que “convén continuar nesta liña de estudo para, por exemplo, ter en conta a maior transmisibilidade das novas variantes”

Na sala de exames do edifico do Campus Auga, Moisés del Puerto modelou o transporte de aerosois baixo diferentes condicións de ventilación, calefacción e circulación de aire acondicionado. O modelo numérico analiza os peores lugares ventilados da habitación e propón contramedidas para minimizar os riscos. O método de resolución empregado céntrase no modelo de fluxo de fluídos multifásicos URANS (para describir o transporte das diferentes especies de gases), axustado á evolución langranxiana de partículas/paquetes para imitar o transporte de aerosois. Ademais, para contrastar o modelo, o autor realizou distintos experimentos con persoas reais que serviron para afinar o modelo e corroborar a validez das hipóteses propostas.

O egresado da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo Moisés del Puerto © Uvigo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.